Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o día 14 de agosto de 2002, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar con carácter inicial unha modificación do ámbito, coa incorporación de novos propietarios, do plan parcial dun sector da área 8 de SUNP delimitada no PXOU de uso global industrial promovido por propietarios de terreos no ámbito que foi aprobado inicialmente na Comisión de Goberno de data 7-2-2002.

2. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes o que se anunciará no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia (o prazo contarase a partir da última publicación do anuncio).

O presente anuncio servirá de notificación a posibles propietarios descoñecidos, a aqueles dos que se descoñeza o lugar de notificación e ós que, intentada aquela, non se puidese practicar.

Culleredo, 22 de agosto de 2002.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde