Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

RESOLUCIÓN da alcaldía.

Convocatoria actas pagamento e ocupación dos bens e dereitos incluídos no ámbito do Plan parcial de ordenación da actuación industrial Río do Pozo, sector III en Narón (A Coruña).

En virtude das atribucións que lle confire a lexislación vixente e do disposto nos artigos 146 da Lei do solo de Galicia (1/1997), artigo 48 da Lei de expropiación forzosa e 49 do seu regulamento, esta alcaldía resolve:

Convoca-los afectados que se relacionan, polo proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta dos terreos incluídos na actuación industrial Río do Pozo (sector III) en Narón (A Coruña), para o día 25 de setembro de 2002, no Concello de Narón, terceiro andar, o fin de proceder ó pagamento en metálico, ós que comparezan e acrediten debidamente a titularidade sobre os dereitos e bens afectados, ou no seu defecto, e de conformidade co artigo 146.3º da Lei 1/1997 e 51 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, a súa consignación na Caixa Xeral de Depósitos do Ministerio de Economía e Facenda, dos prezos xustos aprobados polo director xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia o 10 de xullo de 2002.

Así mesmo, signifícase que unha vez efectuado o pagamento ou a consignación, procederase ó levantamento das correspondentes actas de ocupación, de conformidade co establecido nos artigo 51 da Lei de expropiación forzosa e 55 do seu regulamento.

Para calquera consulta deberán dirixirse ó concello ou a Sepes Entidade Pública Empresarial do Solo,

con domicilio social en Madrid, Paseo da Castellana, 91.Distrito postal 28046.

Esta publicación realízase para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, para os titulares descoñecidos ou aqueles dos que se ignore os seu enderezo.

Narón, 5 de setembro de 2002.

Alfonso de Prado Fernández Canteli

Secretario xeral

José M. Blanco Suárez

Alcalde accidental

Relación dos titulares afectados polo proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta dos terreos incluídos na actuación industrial Río do Pozo (sector III), en Narón (A Coruña).

parcela

TitularesSuperficieHora

1Blanco Gómez, Carme e irmáns3.0549.30

4González Peña, María3.32010.15

5Descoñecido1.29610.45

6Descoñecido35010.45

7Herdeiros de Carmen Pita3.36011.15

8Herdeiros de José Mosquera Freire38211.45

9Herdeiros de José Díaz Pazos25012.15