Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se anuncia concurso público, para a contratación da xestión do servicio público de explotación dunha residencia asistida para maiores na Coruña, na modalidade de concesión.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión do servicio público de explotación dunha residencia asistida para maiores na Coruña.

b) Lugar de execución: A Coruña.

c) Prazo de execución: 6 anos.

d) Indicar se a execución do contrato comprende a execución de obras: non.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Praza/día asistida: 42,52 euros (IVE incluído).

Praza/día válida: 29,75 euros (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 97.912 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 50.

e) Fax: 981 54 69 69.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Ver puntos 10 e 11 da cláusula 7.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

2. Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó de finalización de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

11. Portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratación.

Na sede da Consellería de Asuntos Sociais poden recolle-los planos do edificio.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais