Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO de concurso para a venda de parcelas do parque empresarial de Begonte (2ª fase).

A resolución pola que se se fixan os criterios de alleamento e demais documentación poderá ser examinada nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sita na praza de Sto. Domingo, nº 6-5º de Lugo, nas horas de 10 a 14, de luns a venres.

O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso é de vinte días naturais contados a partir do seguinte da publicación deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia (DOG), podendo facerse

a presentación nas citadas oficinas de Xestur-Lugo, ata as 14 horas do derradeiro día do prazo, ou o inmediato hábil seguinte se o vixésimo día natural cae en sábado, domingo ou festivo.

A apertura das proposicións realizarase ás 14 horas, na sala de xuntas de Xestur-Lugo o terceiro día hábil seguinte, (excepto sábados), contado desde o derradeiro para a presentación das proposicións.

Lugo, 9 do setembro de 2002.

Jose Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo