Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se anuncia concurso público, para a contratación da xestión do servicio público de explotación dunha residencia asistida para maiores en Vigo, na modalidade de concesión.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: xestión do servicio público de explotación dunha residencia asistida para maiores en Vigo.

b) Lugar de execución: Vigo.

c) Prazo de execución: 6 anos.

d) Indicar se a execución do contrato comprende a execución de obras: non.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: praza/día asistida: 42,52 euros (IVE incluído).

Praza/día válida: 29,75 euros (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 97.912 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 50.

e) Fax: 981 54 69 69.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Ver puntos 10 e 11 da cláusula 7.3º do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó de finalización de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

11. Portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratación.

Na sede da Consellería de Asuntos Sociais poden recolle-los planos do edificio.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais