Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se declara a utilidade pública, en concreto, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Viveiro. (Expediente 034/EOL).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Gamesa Energía, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña), sobre autorización de instalacións e utilidade pública do parque eólico denominado Viveiro; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 27 de abril de 2000, Luis Caamaño Martínez, en nome e representación de Gamesa Energía, S.A., solicitou a autorización administrativa, aprobación de proxecto de execución, recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica, declaración de utilidade pública, en concreto, e aprobación do proxecto sectorial do parque eólico denominado Viveiro, de 36,3 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto

205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; decretos 2167 e 2619/1966, xa mencionados, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, mediante resolución da Delegación Provincial de Industria de Lugo do 3 de novembro de 2000, publicada no BOP de Lugo do 23 de novembro, no DOG do 22 de decembro, no diario El Progreso, do 29 de novembro, e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Viveiro e Xove e déuselles coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. David Costa Viñas e Manuel Vázquez Franco advirten un erro no lugar e municipio no que se localiza o seu predio. Así mesmo, fan constar que o monte está repoboado de eucalipto, manifestan o seu desacordo coa medición da afección e solicitan o seu replanteo.

2. Remedios Franco Lage advirte un erro no lugar no que se localiza o seu predio. Así mesmo, manifesta o seu desacordo co tipo de cultivo e coa medición da afección e solicita o seu replanteo.

3. José Mª Riveira García advirte dun erro no seu enderezo.

4. Fuensanta Chao Oca solicita que se lle faciliten datos adicionais para a completa identificación das súas propiedades.

5. Domingo, Mª Jesús e Pilar Otero Seara; Manuel Gómez Otero, Pilar Otero Pérez e Mª Belén Otero Prieto manifestan que ten que rectificarse o que figura como predio nº 67, dividíndoo en 6 partes entre os 6 comparecentes.

6. Pedro Ramudo Pita alega que se incumpre o artigo 3 da Lei de expropiación forzosa ó prescindir dos datos catastrais, a pesar de aparecer moitos predios como de propietario descoñecido. Así mesmo, alega que o parque contravén a normativa urbanística aplicable e que na área de afección do parque existen xacementos arqueolóxicos inventariados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Terceiro.-O 6 de febreiro de 2001, Gamesa Energía, S.A. presentou un anexo ó proxecto de execución do parque eólico de Viveiro, que inclúe a eliminación de 12 aeroxeradores e o cambio da máquina G-47, de 660 kW pola G-52 de 850 kW nas 43 posicións restantes.

Cuarto.-O 15 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do par

que eólico de Viveiro, de 36,55 MW formado por 43 aeroxeradores G-52 de 850 kW, o que se lle notificou ó promotor o 22 de xaneiro.

Quinto.-O expediente incluíuse de forma automática dentro do conxunto de solicitudes presentadas á primeira convocatoria anual do artigo 15 do Decreto 302/2001. Por Resolución do 19 de abril desta consellería acordouse que proseguise a tramitación administrativa de autorización deste parque eólico.

Sexto.-O modificado do proxecto, consistente na eliminación de 12 aeroxeradores e o cambio da máquina G-47, de 660 kW pola G-52 de 850 kW nas 43 posicións restantes, someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 54/1997, do sector eléctrico, o Decreto 2617/1966, de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, xa mencionados, e o Decreto 205/1995 de aplicación segundo o establecido na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, xa mencionados, mediante resolución da Delegación Provincial de Industria de Lugo do 25 de abril de 2002, publicada no DOG do 14 de maio, no BOE do 15 de maio, no BOP de Lugo do 15 de maio, e no diario El Progreso, do 14 de maio.

Durante o período de información pública presentouse a seguinte alegación por parte de Francisco Luis Rodríguez Guerreiro, como concelleiro-portavoz do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Viveiro, alega que o parque causará unha degradación da paisaxe e molestias debidas ó ruído. Así mesmo, advirte da existencia de xacementos arqueolóxicos e dun cadoiro de interese turístico. Ademais, alega que o cambio de usos do solo provocará a súa depreciación e perda de aproveitamento.

Sétimo.-O 10 de xuño de 2002, Gamesa Energía, S.A. solicita que lle sexa de aplicación o procedemento establecido no Decreto 302/2001, do 25 de outubro, xa citado.

Oitavo.-O 8 de xullo de 2002, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipiosVértices

ViveiroViveiroXY
Xove0.616.203,445 4.836.436,603
0.616.304,091 4.836.229,026
0.616.605,723 4.835.961,426
0.619.941,875 4.831.951,529
0.619.827,119 4.831.787,726
0.617.968,882 4.832.150,103
0.617.850,195 4.832.311,080
0.617.862,658 4.833.244,731
0.616.085,610 4.832.045,829
0.615.149,901 4.832.465,326
0.615.195,326 4.832.660,099
0.617.459,081 4.833.428,948
0.615.865,155 4.833.469,371
0.615.468,099 4.834.146,808
0.615.990,048 4.835.123,676
0.615.837,406 4.836.349,347

Nº de aeroxeradores: 43.

Potencia unitaria por aeroxerador: 850 kW.

Xeradores: G52-850 de Gamesa Eólica.

Potencia total instalada: 36,55 MW.

Producción anual estimada: 103.283 MWh.

Investimento previsto: 26.436.548,60 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-43 centros de transformación de 900 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico de Viveiro, composta por un transformador principal 20/132 kV de 40/50 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,42-0,24 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra e protección.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. As alegacións de carácter urbanístico serán consideradas no momento de proceder á resolución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. De todos modos, hai que recordar que de acordo co establecido no Decreto 80/2000, que regula os plans e proxectos de incidencia supramunicipal, os plans municipais terán que adaptarse ó establecido nos ditos proxectos.

2. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados, estas tomaranse en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación, ó que serán oportunamente convocados, incluíndose na correspondente folla de aprecio.

3. Rectificáronse os erros relativos ó lugar e municipio do predio propiedade de David Costa Viñas e Manuel Vázquez Franco e o erro de lugar do predio propiedade de José Mª Riveira García.

4. Facilitáronse os datos solicitados por Fuensanta Chao Oca.

5. En relación coa alegación presentada por Domingo, Mª Jesús e Pilar Otero Seara, Manuel Gómez Otero, Pilar Otero Pérez e Mª Belén Otero Prieto, a empresa tómaa en consideración; non obstante, será no levantamento de actas, ó que serán oportunamente convocados, o momento no que poden demostra-la titularidade dos predios, achegando a documentación acreditativa necesaria.

6. En canto á alegación presentada por Pedro Ramudo Pita, cabe dicir que a relación de bens e dereitos afectados realizouse tendo en conta o disposto no artigo 3 da Lei de expropiación forzosa, en relación co artigo 53.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 15 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro e demais normas concordantes. En canto ós xacementos arqueolóxicos, cabe dicir que foron obxecto de avaliación na declaración de efectos ambientais.

7. Con respecto á alegación de Remedios Franco Lage, cabe dicir que debido ó cambio de modelo de aeroxerador déixase de afectar o predio da súa propiedade, polo que se exclúe da relación de bens e dereitos afectados.

8. En canto á alegación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Viveiro, cabe dicir que os impactos paisaxísticos, ruídos, xacementos arqueolóxicos e lugares de interese xa foron obxecto de avaliación na declaración de efectos ambientais. Así mesmo, non é obxecto desta fase do expediente valora-la depreciación do solo; corresponde á fase de prezo xusto, naqueles predios nos que non se alcance mutuo acordo.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizarlle a Gamesa Energía, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Viveiro, que se vai situar nos concellos de Viveiro e Xove.

-Aproba-lo proxecto de execución da citada instalación.

-Recoñecerlle a esa instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

-Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Viveiro, o que leva implí

cito a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Gamesa Energía, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 528.730,97 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Esta constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, apartado 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e plans que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 26.436.548,60 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Gamesa Energía, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolu

ción e na declaración de efectos ambientais do 15 de xaneiro de 2002, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas