Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.627

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Limpezas Faro, S.L. (Hospital Xeral-Cíes de Vigo).

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Limpezas Faro, S.L. (Hospital Xeral-Cíes de Vigo), con nº de código 3602202, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-6-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 30-5-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/2982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de xullo de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Limpiezas Faro, S.L. para o Complexo Hospitalario Xeral-Cíes ano 2002-2003

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio afectará a tódolos/as traballadores/as do servicio de limpeza do Hospital Xeral-Cíes de Vigo, que a empresa Limpiezas Faro, actual contratista, ou a empresa que a poida substituír ten concertado co Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo. Tal centro, enténdese como parte integrante do hospital, para efectos deste convenio colectivo, e non así para efectos de centro de traballo, que serán diferenciados, polo que os traballadores que presten o seu servicio no Hospital Xeral non poderán ser trasladados ó Policlínico Cíes sen que exista acordo entre as partes.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio terá unha duración de dous anos, desde o día 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2003, sendo revisables e aplicables os salarios establecidos neste convenio en función dos aumentos que se produzan no persoal subalterno do Sergas na dita data.

Entrará en vigor o día da súa sinatura, se ben os seus efectos económicos terán carácter retroactivo ó 1 de xaneiro de 2002.

Entenderase prorrogado tacitamente por períodos anuais, sempre que por calquera parte non sexa denunciado, con polo menos tres meses de antelación ó seu vencemento ou ó de calquera das súas prórrogas. Non obstante, a denuncia do convenio non significará modificación ningunha do seu texto articulado, que continuará vixente ata a súa substitución polo novo, nos termos que as partes establezan.

Artigo 3º.-Equiparación.

Os/as traballadores/as afectados por este convenio quedan equiparados ó persoal subalterno do Sergas, de tal forma que a partir desta equiparación toda mellora que repercuta no persoal subalterno do Hospital Xeral-Cíes de Vigo, aplicarase de igual forma ós/ás traballadores/as afectados por este convenio.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas de calquera índole contidas neste convenio teñen o carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantados por anteriores adxudicatarias que impliquen condicións máis beneficiosas para os/as traballadores/as con respecto a este convenio, subsistirán para aqueles que as veñan desfrutando.

Artigo 5º.-Retribucións.

As retribucións correspondentes ás distintas categorías afectadas por este convenio faranse efectivas o último día de cada mes. Aplicaranse a partir do 1 de xaneiro de 2002 ó 31 de decembro de 2003, sendo revisadas o día 1 de xaneiro de 2002 cos incrementos que se produzan entre o persoal do Sergas. No caso de que se produza revisión salarial para o persoal do Sergas, será aplicada ós afectados por este convenio na mesma contía.

Artigo 6º.-Antigüidade.

O concepto de antigüidade retribuirase cos mesmos criterios e contía que ten establecidos o Sergas para o persoal do grupo E, categoría pinche-limpadora.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá as mesmas gratificacións extraordinarias que o persoal subalterno do Hospital Xeral-Cíes de Vigo, segundo os niveis que corresponda, con independencia de que o/a traballador/a estea de baixa.

Artigo 8º.-Complemento de destino.

Tódolos/as traballadores/as percibirán por este concepto a mesma cantidade mensual que percibirá o persoal do grupo E do Hospital Xeral-Cíes.

Artigo 9º.-Complemento específico.

Tódolos/as traballadores/as percibirán por este concepto a mesma cantidade mensual que perciba o persoal do grupo E do Hospital Xeral-Cíes.

Artigo 10º.-Nocturnidade.

Percibirase por este concepto nas mesmas condicións que os percibe o o persoal subalterno do Sergas que realiza xornada nocturna.

Artigo 11º.-Cadro de persoal e substitucións.

O cadro de persoal deberá axustarse ó contrato de concesión que outorgue o Sergas, debendo se-los contratados de carácter fixo. Os contratos de traballo das substitucións deberán facerse polo tempo de duración da baixa que se substitúa ou do período de vacacións que se cubra, sendo de aplicación este convenio.

Os traballadores/as en situación de correquendas, terán preferencia por orde de antigüidade e de carácter voluntario, de acordo entre empresa e traballador/a para ocupa-la vacante.

Artigo 12º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 37,30 horas semanais de traballo efectivo, computándose como tal os 30 minutos de descanso obrigatorio que os/as traballadores/as veñen desfrutando. Na aplicación da xornada respectaranse as melloras existentes que supoñan mellora da xornada pactada.

Artigo 13º.-Traballo en domingos e festivos.

As condicións de traballo nos ditos días serán na mesma forma e condicións económicas e organizativas en que o fai o persoal subalterno do Sergas, do Hospital Xeral Cíes de Vigo e Complexo Hospitalario Cíes. Así mesmo, de producirse calquera mellora neste aspecto para o persoal do Sergas, os/as traballadores/as afectados por este convenio desfrutarán dela.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Con carácter xeral, queda prohibida a realización de horas extraordinarias, e no caso de emerxencia

e/ou forza maior, aboaranse de acordo coa mesma contía que teña establecida o Sergas.

Artigo 15º.-Licencias.

Logo de solicitude dos/as traballadores/as afectados, considerarase licencia retribuída polo tempo e nos casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador/a, 20 días naturais.

b) Matrimonio de pais, fillos ou parentes que convivan co traballador, 2 días laborables. Por matrimonio de irmáns ou irmáns políticos, 1 día natural.

c) Parto de esposa, ou adopción 5 días laborables.

d) Morte, hospitalización, accidente, intervención cirúrxica ou enfermidade grave: do cónxuxe, 5 días laborables; dos pais, pais políticos e fillos, 5 días laborables; irmáns, irmáns políticos e parentes ata segundo grao de consaguinidade ou afinidade, 3 días laborables; se hai convivencia, 5 días laborables.

Se entre os traballadores/as e os parentes houbera convivencia, a licencia sería de 5 días naturais. O mesmo ocorrería se o casamento ou enfermidade grave dos parentes anteriores se producira fóra da praza.

e) Todo traballador/a que por orde médica teña que facer calquera tipo de rehabilitación nun centro hospitalario, disporá do tempo necesario, procurando facelo fóra de horas de traballo.

f) Morte de tío, 2 días naturais. Se houbera convivencia entre o traballador e o falecido, a licencia sería de tres días naturais.

g) Traslado de domicilio, 3 días laborables se é fóra da praza tamén.

h) Morte de parentes ata o 3º grao, 1 día natural.

i) Os traballadores/as que cursen estudios para a obtención dun título oficial, académico ou profesional terán dereito polo tempo necesario a un permiso retribuído para concorrer a exames, logo de comunicación do traballador/a á dirección da empresa, con 10 días de antelación e a correspondente xustificación.

As referencias que as letras b), c), d), f) e g) deste artigo fan á esposa e cónxuxe respectivamente, entenderanse feitas, así mesmo, ó compañeiro/a en situación estable e acreditación da convivencia da dita situación.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor dun ano, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que ambos traballen.

A concreción horaria e a determinación do período de desfrute do permiso da lactación e da reducción de xornada, corresponderalle a ó traballador/a, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador/a deberá

avisa-lo empresario con 15 días de antelación á data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

As discrepancias xurdidas entre empresario e traballador/a sobre a concreción horaria e a determinación dos períodos de desfrute previstos serán resoltas pola xurisdicción competente a través do procedemento establecido no artigo 138 bis da Lei de procedemento laboral.

Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de 6 anos ou minusválido físico, síquico ou sensorial, que non desenvolva unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, alomenos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e que non desenvolva actividade retribuída.

A reducción de xornada completada neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores/as, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Todo traballador/a que se teña que presentar a unha citación xudicial terá dereito a dispor do tempo necesario para asistir a ela, igualmente retribuída pola empresa.

Igualmente o traballador/a, solicitándoo coa debida antelación, terá dereito a dispor de ata dez días de licencia e unha vez ó ano, non retribuídos pola empresa.

Artigo 16º.-Excedencias.

Todo traballador/a fixo cunha antigüidade alomenos dun ano na empresa terá dereito a que se lle recoñeza a excedencia voluntaria por un prazo non inferior a un mes e non maior de cinco anos. O mesmo posto de traballo do excedente terá que ser ocupado por outro/a traballador/a que o substitúa. No caso que a excedencia fose por un prazo dun mes e non superior a seis meses, a substitución terá que ser valorada entre a empresa e o comité.

O traballador/a excedente, cando a súa categoría se atope entre os pertencentes ós grupos de persoal subalterno e obreiro, terá dereito á reserva do seu posto de traballo durante o período máximo de dous anos. A reincorporación á empresa terá que ser solicitada cun previo aviso de tres meses.

Excepcionalmente, cando a solicitude de excedencia sexa por tempo máximo de dous anos, o traballador/a terá dereito a reintegrarse na empresa durante o prazo dos seis primeiros meses da dita excedencia, dispoñendo o empresario dese mesmo prazo dos 6 meses para proceder á súa reincorpo

ración. En todo caso, o traballador/a poñerá en coñecemento do empresario a súa intención de voltar á empresa cunha antelación mínima dun mes. Pasados os seis primeiros meses do exercicio da excedencia sen que o traballador/a fixera uso do seu dereito, xa non poderá volver á empresa ata esgota-lo período total de excedencia voluntaria.

As traballadoras e traballadores terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo/a, tanto que o sexa por natureza ou por adopción, nos supostos de acollemento tanto permanente como preadoptivo, contado desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a un ano, salvo que se estableza unha duración maior por negociación colectiva, os traballadores/as para atende-lo coidado dun familiar, ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e non desenvolva actividade retribuída.

A excedencia descrita neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores/as, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores/as da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante dera dereito a un novo período de excedencia, o seu inicio dará fin ó que, se é o caso, viñese desfrutando.

O período en que o traballador/a permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efecto de antigüidade e o traballador/a terá dereito a asistencia a cursos de formación profesional para os que deberá ser convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Durante o primeiro ano terán dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o dito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

En todo o non previsto neste artigo, observarase o establecido con carácter xeral no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre a materia.

Artigo 17º.-Cambio de postos de traballo por embarazo.

Suspensión con reserva do posto de traballo.

No suposto de parto, a suspensión terá unha duración de 16 semanas, que se desfrutarán de maneira interrompida, ampliables no suposto de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo/a a partir do segundo. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que 6 semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. No caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade

ou, de se-lo caso, da parte que reste do período de suspensión.

Non obstante o anterior, e sen prexuízo das 6 semanas inmediatas posteriores ó parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que o pai e nai traballen, esta, ó iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar porque o pai desfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

Nos supostos de adopción e acollemento, tanto preadoptivo como permanente, de menores de ata 6 anos, a suspensión terá unha duración de 16 semanas ininterrompidas, ampliable no suposto de adopción ou acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, contadas á elección do traballador/a, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. A duración da suspensión será, así mesmo, de 16 semanas nos supostos de adopción e acollemento de menores maiores de 6 anos de idade, cando se trata de menores discapacitados ou minusválidos ou que polas súas circunstancias e experiencias persoais ou que por proviren do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar debidamente acreditadas polos servicios sociais competentes. No caso de que a nai e o pai traballen, o período de suspensión distribuirase a opción dos interesados, que poderán desfrutalos de xeito

simultáneo ou sucesivo, sempre con períodos ininterrompidos e cos límites sinalados.

Nos casos de desfrute simultáneo de períodos de descanso, a suma deles non poderá exceder das 16 semanas previstas nos puntos anteriores ou das que correspondan no caso de parto múltiple.

Os períodos ós que se refire este artigo poderán desfrutarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, logo de acordo entre os empresarios e os traballadores/as afectados/as, nos termos que regulamentariamente se determine.

Nos supostos de adopción internacional, cando sexa necesario o desprazamento previo dos pais ó país de orixe do adoptado, o período de suspensión previsto para cada caso neste artigo, poderá iniciarse ata 4 semanas antes da resolución pola que se constitúe á adopción.

Protección á maternidade.

1. A avaliación dos riscos a que se refire o artigo 16 da lei deberá comprende-la determinación da natureza, o grao e a duración da exposición das traballadoras en situación de embarazo ou parto recente a axentes, procedementos ou condicións de traballo que poidan influír negativamente na saúde das traballadoras ou do feto, en calquera actividade susceptible de presentar un risco específico. Se os resultados da avaliación revelasen un risco para a segu

ridade e a saúde ou unha posible repercusión sobre o embarazo ou a lactación das citadas traballadoras, o empresario adoptará as medidas necesarias para evita-la exposición ó dito risco, a través dunha adaptación das condicións ou do tempo de traballo da traballadora afectada. Estas medidas incluirán, cando resulte necesario, a non realización de traballo nocturno ou de traballo a quendas.

2. Cando a adaptación das condicións ou do tempo de traballo non resultase posible ou, a pesar de tal adaptación, as condicións dun posto de traballo puideran influír negativamente na saúde da traballadora embarazada ou do feto, e así o certifiquen os servicios médicos do Instituto Nacional da Seguridade Social ou das mutuas, co informe do médico do Servicio Nacional da Saúde que asista facultativamente á traballadora, esta deberá desenvolver un posto de traballo ou función diferente e compatible co seu estado. O empresario deberá determinar, logo de consulta cos representantes dos traballadores, a relación dos postos de traballo exentos de riscos para estes efectos.

O cambio de posto ou función levarase a cabo de conformidade coas regras e criterios que se apliquen nos supostos de mobilidade funcional e terá efectos ata o momento no que o estado de saúde da traballadora permita a súa reincorporación ó anterior posto.

No suposto de que, mesmo aplicando as regras sinaladas no parágrafo anterior, non existise posto de traballo ou función compatible, a traballadora poderá ser destinada a un posto non correspondente ó seu grupo ou categoría equivalente, se ben conservará o dereito ó conxunto de retribucións do seu posto de orixe.

3. Se o dito cambio de posto non resultara técnica ou obxectivamente posible, ou non poida razoablemente esixirse por motivos xustificados, poderá declararse o paso da traballadora afectada á situación de suspensión do contrato por risco durante o embarazo, prevista no artigo 45.1º d) do Estatuto dos traballadores, durante o período necesario para a protección da súa seguridade ou da súa saúde e mentres persista a imposibilidade de reincorporarse ó seu posto anterior ou a outro posto compatible co seu estado.

4. O disposto nos números 1 e 2 deste artigo será tamén de aplicación durante o período de lactación, se as condicións de traballo puideran influír negativamente na saúde da muller ou do fillo/a e así o certifique o médico que, no réxime da Seguridade Social aplicable, asista facultativamente a traballadora.

5. As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, logo de aviso ó empresario e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.

Situación protexida.

Para os efectos da prestación económica por risco durante o embarazo.

As mulleres embarazadas terán dereito a que se lles cambie de posto de traballo a outro máis acorde co seu estado, non estando obrigadas en ningún caso a desempeña-las súas funcións en lugares radiactivos, infecciosos ou perigosos para o seu embarazo.

Esta situación dará lugar a unha suspensión do contrato de traballo cunha duración máxima de dezaseis semanas, remitíndonos ó Decreto lei do 3 de marzo de 1989. Durante o período citado, a traballadora terá dereito ó aboamento das prestacións económicas correspondentes, con cargo á Seguridade Social e complementada ata o 100% do salario como para o caso de baixas por enfermidade ou accidente.

O traballador/a ó que, por causa de accidente ocorrido na prestación de traballo para empresa, lle sexa recoñecida polo tribunal médico de incapacidades unha incapacidade parcial, ou unha incapacidade permanente total para o seu traballo habitual, a empresa poderá asignarlle un posto de traballo dentro do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, que se adapte á nova aptitude do traballador/a, sempre que exista praza vacante, na que o traballador/a terá prioridade sobre calquera contratación eventual.

Artigo 18º.-Control médico.

Todo o persoal comprendido neste convenio terá o dereito e a obriga de efectuar unha revisión médica, que inclúa:

-Audiometría.

-Control de vista.

-Análise de sangue.

-Análise de orina.

-Esperiometría.

-Exploración clínica.

Será de carácter voluntario:

-Unha placa do tórax.

-Recoñecemento xinecolóxico con citoloxía.

Os resultados do recoñecemento médico e xinecolóxico entregaránselle o/a traballador/a.

A campaña de vacinación voluntaria consistirá como mínimo no seguinte:

-Vacina contra o tétano.

-Vacina contra a hepatite B con análise de sangue previo.

A revisión será por conta da empresa cada 6 meses.

Todo traballador/a de quenda de noite e de tarde fará a revisión en horas de traballo e se non é posible, compensaráselle en horas pola empresa.

Artigo 19º.-Asistencia a consultorios médicos.

Tódolos traballadores/as terán dereito a tres horas retribuídas pola empresa cada vez que teñan que ir ó médico de cabeceira. Cando o médico de cabeceira que lle correspondera ó traballador tivera o seu consultorio en localidade distinta daquela na que prestan os seus servicios os traballadores, estes disporán do tempo necesario.

O traballador/a que teña que ir ó consultorio médico estará obrigado a avisar con anterioridade á empresa, debendo xustificar que foi atendido polo médico de cabeceira. Para a súa asistencia á consulta do especialista, os traballadores terán dereito a todo o tempo necesario, logo de presentación do volante do médico de cabeceira.

Así mesmo, terán dereito a tres horas retribuídas para asistir ó consultorio médico con fillos menores de 18 anos ou fillos minusválidos, calquera que sexa a súa idade, cun máximo de tres veces ó mes, sempre que a súa xornada laboral coincida co horario de consulta médica e co horario do cónxuxe, compañeiro ou compañeira. Tamén se gozará de licencia retribuída para asistir co cónxuxe, compañeiro/a, a probas médicas especiais.

Artigo 20º.-Roupas de traballo.

Proverase a tódolos traballadores/as da seguinte roupa de traballo:

Feminino:

2 batas ou pixamas cada seis meses.

1 par zocos de goma ó ano.

Guantes cada dez días.

1 chaqueta cada dous anos.

Masculino:

2 pantalóns e camisas cada seis meses.

1 par zocos de goma ó ano.

1 par zapatillas cada 6 meses.

Guantes de tea cada 10 días.

1 chaqueta cada seis meses.

Entregaráselle a todo o persoal que polo desenvolvemento do seu traballo o necesite, unha peza de roupa (plumífero) cada dous anos.

A entrega da roupa efectuarase do 1 ó 15 de abril e do 1 ó 15 de outubro, a primeira peza de roupa (plumífero) entregarase en outubro de 2000.

Ademais do establecido dotarase ós traballadores/as daqueles equipos de protección individual que se necesiten para ó desenvolvemento das súas funcións.

Ás traballadoras que se atopen en situación de embarazo deberá dárselles unha roupa acorde co seu estado.

Cando, realizando o traballo, a roupa ou calzado se rompa ou quede inservible, a empresa cambiaraa por outra nova, logo de entrega da peza deteriorada.

Tanto a roupa como o calzado e todos aqueles equipos de protección serán supervisados polo comité de saúde laboral antes da súa entrega, entregándoselle unha mostra desta.

Artigo 21º.-Complemento por IT ou accidente.

A empresa estará obrigada a completar ata o 100% o salario de tódolos complementos en caso de accidente ou baixa por enfermidade desde o primeiro día.

Os traballadores/as que non estean de baixa po IT nun período superior a 30 días ó ano percibirán un complemento de 265,05 euros para o ano 2002 e 278,30 euros para o ano 2003, que serán feitos efectivos nos 5 primeiros días do mes de xaneiro do seguinte ano. As baixas que se produzan por accidente ou que se produzan hospitalización non serán computadas para o efecto nin as baixas por maternidade.

Artigo 22º.-Xubilación.

Os/as traballadores/as que cumpran a idade de 64 anos e demais requisitos esixidos poderán acollerse á modalidade de xubilación determinada ou recollida na lexislación vixente; para tal efecto as empresa obrígase a contratar no lugar do xubilado outro/a traballador/a que sexa titular de dereito de calquera das prestacións económicas de desemprego ou xove demandante de primeiro emprego, tal e como dispoñen as normas citadas.

Establécese un premio de xubilación anticipada coas seguintes escalas:

Ós 60 anos: 6 mensualidades de salario real.

Ós 61 anos: 5 mensualidades de salario real.

Ós 62 anos: 5 mensualidades de salario real.

Ós 63 anos: 4 mensualidades de salario real.

Ós 64 anos: 4 mensualidade de salario real.

Ós 65 anos: 3 mensualidade de salario real.

Coa obriga de xubilarse ós 65 anos sempre que se teñan as prestacións que se necesiten e que a empresa poña no seu lugar outro traballador/a.

En caso de xubilación anticipada terán preferencia os fillos/as do traballador afectado.

Artigo 23º.-Adscrición de persoal.

1. Ó remate da concesión da contrata de limpeza, os/as traballadores/as da empresa contratista saínte pasarán a estar adscritos á nova titular da contrata, que se subrogará en tódolos dereitos e obrigas, sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

a) Traballadores/as en activo que presten os seus servicios no dito centro cunha antigüidade mínima dos seis últimos meses, sexa cal fora a modalidade do seu contrato de traballo.

b) Traballadores/as que no momento do cambio de titularidade da contrata, se atopen enfermos, accidentados, en excedencia, en servicio militar ou situación análoga, sempre e cando prestaran os seus servicios no centro obxecto de subrogación con anterioridade á suspensión do seu contrato de traballo e que reúnan a antigüidade mínima establecida na letra a).

Non desaparecerá o carácter vinculante deste artigo no caso de que a empresa adxudicataria do servicio o suspendese por un período inferior a dous meses: este persoal con tódolos seus dereitos adscribirase á nova empresa.

Documentos que lle deberá facilita-la empresa sainte á empresa entrante:

-Certificado do organismo competente de estar ó día no pagamento da Seguridade Social.

-Fotocopia das 4 últimas nóminas mensuais dos traballadores afectados.

-Fotocopias dos TC-1 e TC-2 de cotizacións á Seguridade Social dos 4 últimos meses.

-Relación de persoal na que se especifique nome e apelidos, domicilio, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade da súa contratación e data de desfrute das súas vacacións.

-Copia de documento debidamente dilixenciada por cada traballador afectado no que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de datos proporcionais dos seus haberes ata o momento da subrogación, non quedando pendente cantidade ningunha. Este documento deberá estar en poder da nova adxudicataria na data de inicio do servicio como nova titular.

2. O empresario saínte estará obrigado a lle liquidar ó entrante as partes proporcionais dos conceptos retributivos dos traballadores co obxecto de que estes cobren integramente as pagas correspondentes.

Artigo 24º.-Contrato de traballo e altas na Seguridade Social.

A empresa estará obrigada a lle entregar ós traballadores fotocopia da súa alta na Seguridade Social, para o que disporá do prazo de dúas semanas desde a súa incorporación ó traballo. Así mesmo, a empresa obrígase á entrega da copia do contrato de traballo no momento en que este se efectúe. A empresa estará obrigada a colocar fotocopia dos boletíns de cotización no taboleiro de anuncios das súas oficinas e no Hospital Xeral.

A empresa entregaralles ós representantes legais dos traballadores/as unha copia básica de tódolos contratos de traballo que deban formalizarse por escrito, de acordo coa Lei 2/1991, do 7 de xaneiro.

A empresa notificaralle ós representantes legais dos traballadores/as as prórrogas dos contratos de traballo dos que a copia básica foi entregada, así como as denuncias correspondentes a eles.

Artigo 25º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio terá dereito ó desfrute ininterrompido dun mes de vacacións retribuídas para desfrutar entre os meses de xullo e setembro; ademais, terá dereito a outros nove días, que desfrutará de acordo coa dirección da empresa, cinco días desde o 1 de xaneiro ó 30 de xuño, e catro días desde o 1 de outubro ó 15 de decembro.

Para o seu desfrute establecerase un calendario elaborado entre a empresa e o comité de empresa. Cando as vacacións se soliciten para o seu desfrute fóra do período vacacional, os días de libre disposición poderanse engadir ó período de vacacións.

A empresa, de acordo co comité, elaborará as quendas correpondentes seguindo cada ano unha orde rotatoria de preferencia. Os traballadores que no momento de desfruta-las vacacións estean en situación de baixa por enfermidade ou accidente, terán dereito ó desfrute destas inmediatamente ó mes seguinte ó da súa incorporación ó traballo.

O aboamento das vacacións será igual ó equivalente a un mes de salario real máis unha gratificación de 151,45 euros para o ano 2002 e 159,02 euros para o ano 2003.

Cando por necesidade e causa xustificada o/a traballador/a necesite os días de libre disposición acumulados nos períodos indicados, poderá desfrutalos sempre que o solicite á empresa e o comunique ó comité de empresa cun período de dez días de antelación e sempre fóra do período de vacacións. No suposto que para a mesma data houbera varias peticións, farase un sorteo entre as/os solicitantes.

Artigo 26º.-Dereitos e garantías dos cargos sindicais.

En todo o relacionado con este tema aplicarase o disposto nos artigos 61 e seguintes do Estatuto dos traballadores, determinándose que, cando un representante legal deba saír da empresa para exercer funcións de representación, deberá comunicalo a esta o día anterior, salvo situacións excepcionais que se xustificarán posteriormente. Como xustificante será válido o comprobante dos organismos oficiais ou da central sindical correspondente.

Acumulación de horas sindicais.

As horas sindicais dos membros do comité de empresa ou delegados da sección sindical poderán ser acumuladas nun ou máis membros do mesmo sindicato, debendo comunicarllo á empresa.

Sección sindical.

Os sindicatos que acrediten ter máis do 20% de afiliación entre os traballadores do cadro de persoal terán dereito á creación da sección sindical, e o seu delegado terá recoñecido, entre outros, os mesmos dereitos que ten o comité de empresa.

Desconto en nómina da cota sindical.

A empresa descontarálle-la cota sindical ós traballadores afiliados ós sindicatos, logo da súa correspondente autorización.

Artigo 27º.-Asembleas.

Os traballadores/as da empresa terán dereito a reunirse en asemblea unha vez ó mes, e por tempo máximo de dúas horas durante a xornada, debendo comunicar á empresa a súa realización cunha antelación de 48 horas, salvo situacións excepcionais

de conflicto ou folga, nas que bastará con avisar con 24 horas de antelación.

Artigo 28º.-Comité de saúde laboral.

O comité de saúde laboral, con funcións efectivas no centro de traballo, Hospital Xeral e Policlínico Cíes de Vigo, con competencias en tódolos aspectos relacionados coa saúde laboral como son métodos de traballo, ritmos, horarios de traballo nocturno, etc.

O comité terá unha composición de carácter paritario. A representación da parte social estará composta de forma paritaria por 4 delegados/as de prevención, dous dos cales pertencerán ó comité de empresa. Os/as delegados/as de saúde laboral de cada central sindical terán os mesmos dereitos e garantías cós membros do comité de empresa.

A empresa está obrigada a dar a este comité de saúde laboral información relativa ás medidas de seguridade segundo normas que a lexislación laboral prevé. Así mesmo, proverá a tódolos/as traballadores/as dos medios necesarios para o desenvolvemento do seu traballo sen exposición nin riscos de ningunha clase.

En todo o non previsto neste artigo, aplicarase o disposto na Lei de prevención de riscos laborais, do 10 de febreiro de 1996.

Artigo 29º.-Seguro de accidente.

A empresa subscribirá unha póliza de seguro colectivo en favor de tódolos traballadores/as que presten os seus servicios no Hospital Xeral e o Policlínico Cíes, seguro que cubrirá como mínimo as seguintes garantías:

Morte: 3.000.000 de ptas.

Invalidez total: 3.500.000 ptas.

Invalidez absoluta: 4.500.000 ptas.

Estas continxencias deberán derivar en calquera caso de accidente laboral incluído o accidente in itinere e as indemnizacións fixadas serán totalmente independentes daquelas que lles correspondan ós traballadores/as en virtude da lexislación laboral vixente.

Artigo 30º.-Formación.

A empresa adxudicataria da contrata da limpeza do Hospital Xeral-Cíes de Vigo colaborará coas organizacións empresariais e cos sindicatos para as realizacións de cursos de formación para os/as traballadores/as, segundo o acordo de formación continua, sendo as organizacións empresariais e sindicatos os órganos autorizados e con competencias para desenvolver este labor.

Ós/ás traballadores/as que participen en cursos de formación continua teráselles en conta estes para efectos de promoción interna e para o acceso as categorías superiores.

Artigo 31º.-Información de absentismo.

A empresa facilitará trimestralmente información sobre absentismo, baixas por enfermidade e faltas inxustificadas.

Artigo 32º.-Fondo de solidariedade.

Crearase un fondo de 18.030,36 euros máximo durante dous anos. O mínimo que poderá solicita-lo traballador/a será de 300,51 euros e o máximo de 1.803,04 euros, e terá que ser devolto a empresa nun prazo de dous anos.

Artigo 33º.-Comisión de vixilancia.

O control do cumprimento das cláusulas deste convenio e, en xeral, de cantas cuestións deriven da súa aplicación, exercerao o comité de empresa, asesorado neste labor polos demais asinantes sinalados no encabezamento.

As sancións que pretenda impoñe-la empresa deberán comunicárselle ó comité de empresa.

Ante a importancia que pode ter para a resolución dos conflictos laborais a elaboración do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA) asinado entre a CEG e as organizacións sindicais CIG, CC.OO. e UGT, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que estean formuladas.

Artigo 34º.-Comisión paritaria.

1. Estará formada por 3 representantes da parte económica e 3 da parte social, pertencentes ó comité de empresa, e terán que ser parte asinante do convenio. Ámbalas dúas partes poderán contar con asesores.

2. Reuniranse por instancia da parte, cantas veces sexa necesario, debendo realiza-la reunión dentro das 48 horas seguintes á convocatoria.

3. As súas funcións serán as seguintes:

a) Interpretación da totalidade das cláusulas deste convenio.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Estudio e valoración de novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor deste convenio que poidan afectar ó seu contido.

d) Cantas outras actividades tendan á eficaz práctica do convenio e a unha maior solución interna dos conflictos.

Interpretación e aplicación do convenio.

1. Ámbalas partes conveñen que calquera dúbida ou diverxencia que poida xurdir sobre a interpretación ou aplicación deste convenio sexa sometida, antes de establecer reclamación ante os órganos competentes, a informe da comisión mixta paritaria.

2. A comisión mixta paritaria deberá emiti-lo seu informe nun prazo máximo de 48 horas, a partir do día seguinte a aquel no que fora solicitado.

3. As funcións e actividades da comisión mixta paritaria non obstruirán en ningún caso o libre acceso á xurisdicción administrativa e contenciosa previsto na lei.

Cláusulas adicionais

Primeira.-Adecuación ó convenio sen prexuízo salarial para os/as traballadores/as. As actas e o convenio faranse en galego de acordo coa Lei de normalización lingüística de Galicia.

Segunda.-Calquera empresa adxudicataria do servicio de limpeza do Hospital Xeral-Cíes non poderá contratar a través das empresas temporais (ETT), tanto para substitucións de vacacións, IT, etc., así como para calquera posto novo de traballo (ampliación de cadro de persoal, postos de nova creación, etc).