Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.635

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

CONVOCATORIA de axudas de acción social para o persoal do Consello de Contas de Galicia para o exercicio 2002.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, en reunión do 9 de xullo de 2002, aprobou as bases reguladoras para a concesión de axudas ó seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2002. As ditas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución, quedando aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte do da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2002.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior