Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Expediente FG nº 449.

Por resolución desta alcaldía nº 4036/2002, do 23 de xullo de 2002, acordouse aprobar inicialmente os estatutos e bases de actuación no SUNP B-29-R O Vieiro, no Seixal-San Pedro de Nós, tramitado pola comisión xestora do ámbito. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos días laborables, polo prazo de vinte

días, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 26 de agosto de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa presidenta