Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUROL

ANUNCIO.

O Concello de Ourol, en sesión extraordinaria realizada pola Comisión de Goberno o día 6 de agosto de 2002, prestou aprobación ás bases que rexerán a convocatoria para cubrir, mediante concurso-oposición libre, unha praza corresponde á escala de Administración xeral, subescala auxiliar, vacante no cadro de persoal, incluída na oferta de empego público para 2002.

As referidas bases foron publicadas integramente no BOP nº 191, do 21 de agosto de 2002. De conformidade coas devanditas bases, establécese un prazo de vinte días naturais, que se computarán a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para a presentación de instancias no rexistro xeral do Concello de Ourol, ás cales se deberán achega-la documentación que se esixe nas bases da convocatoria aprobadas para o efecto.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse integramente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Ourol, 22 de agosto de 2002.

Guillermo Salgueiro Abad

Alcalde