Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

Eu, César López Arribas, secretario xeral do Concello de Lalín (Pontevedra), certifico que na sesión ordinaria realizada pola Comisión de Goberno o día 23 de xullo de 2002, se adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

11º. Proxecto de urbanización da ampliación do solo empresarial Lalín 2000.

Visto o expediente do proxecto de urbanización da ampliación do solo empresarial Lalín 2000, por instancia de Xestur Pontevedra, redactado polo enxeñeiro de Camiños Benito Fernández González, e tendo en conta o informe técnico, e visto o acordo da Comisión de Goberno de aprobación inicial del con data do 2 de abril de 2002, foi exposto ó público o luns 13 de maio de 2002 (DOG nº 91), e logo de deliberación e por unanimidade dos asistentes, acordouse:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da ampliación do solo empresarial Lalín 2000.

Este acordo condiciónase resolutoriamente a poñer á disposición do concello os terreos previstos no plan parcial, como sistemas xerais de cesión obrigatoria e gratuíta antes da finalización das obras deste proxecto, de acordo co escrito de Xestur Pontevedra, S.A. do 19 de xullo de 2002. Vincúlanse, polo tanto, as obras deste proxecto á posta en funcionamento da ampliación do polígono Lalín 2000.

Segundo.-De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o concello procederá á publicación deste acordo no DOG, e notificaráselle á entidade promovente.

E para que conste e para uni-lo expediente da súa razón, expido este anuncio e co visto e prace do alcalde, en Lalín o 23 de xullo de 2002.

Visto e prace

O alcalde

Rubricado