Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.491

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 29 de agosto de 2002 pola que se modifica o Regulamento da denominación de orixe Ribeira Sacra e do seu Consello Regulador.

Por Orde do 30 de maio de 1995, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia recoñeceu a denominación de orixe Ribeira Sacra para os viños producidos nesta zona vitivinícola. Posteriormente, por Orde do 3 de setembro de 1996 aprobouse o Regulamento da denominación de orixe Ribeira Sacra e do seu Consello Regulador, que foi máis tarde modificado por Orde do 9 de xullo de 1997, da mesma consellería.

Esta denominación nestes anos foi medrando de xeito ordenado, acadando un importante grao de desenvolvemento tanto no relativo ó sector productor como ó industrial.

Actualmente, os sectores implicados, despois dos estudios pertinentes, demandan unha ampliación da zona de producción e elaboración.

En consecuencia, por petición dos sectores interesados e de conformidade co artigo 30.I.3º e 4º do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de

febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícanse os artigos 4º e 13º do Regulamento da denominación de orixe Ribeira Sacra, aprobado por Orde do 3 de setembro de 1996, que quedan redactados como se expresa a continuación:

Artigo 4º

1. A zona de producción dos viños protexidos pola denominación de orixe Ribeira Sacra está constituída polos terreos que o Consello Regulador considere aptos para a producción de uvas das variedades que se indican no artigo 5º, coa calidade necesaria para obter viños das características específicas dos amparados pola denominación de orixe, e que se encontren nos termos municipais e parroquias que compoñen as subzonas seguintes:

a) Subzona de Amandi.

Abarca as parroquias que se citan dos seguintes municipios:

Municipio de Sober: Doade, Amandi, Lobios, Pinol, Santiorxo, Barantes, Bolmente, San Martiño de Anllo e Anllo.

Municipio de Monforte de Lemos: Marcelle.

b) Subzona de Chantada.

Abarca as parroquias que se citan dos seguintes municipios:

Municipio de Carballedo: Erbedeiro, Chouzán, A Cova, Oleiros e Temes.

Municipio de Chantada: Pedrafita, Pesqueiras, San Fiz de Asma, Belesar, Líncora, Camporramiro, Santiago de Arriba, A Sariña, Nogueira de Miño e Sabadelle.

Municipio de Taboada: Sobrecedo, Castelo, San Xián de Insua, Insua, Mourenlle e Xián.

Municipio da Peroxa: San Xes da Peroxa, Graíces, Carracedo, Celaguantes, Beacán, Os Peares e Vilarrubín.

Municipio de Portomarín: Portomarín, Sabadelle, Fiz de Rozas, León e Vilarbasín.

Municipio de Paradela: Loio, As Cortes, San Martiño de Castro, San Facundo de Ribas de Miño, Castro, Santalla de Paradela, Aldosende, A Laxe e San Vicente de Paradela.

c) Subzona de Quiroga-Bibei.

Abarca as parroquias que se citan dos seguintes municipios:

Municipio de Quiroga: Quintá de Lor, Nocedo, Quiroga, A Ermida, O Hospital, Fisteus, Sequeiros, Bendollo, Bendilló, Montefurado, Vilanuíde, Paradaseca, Vilaster, A Enciñeira e Augas Mestas.

Municipio de Ribas de Sil: Nogueira, Peites, Piñeira, Rairos, Ribas de Sil, Soutordei e Torbeo.

Municipio da Pobra de Brollón: Vilachá.

Municipio de Monforte de Lemos: Rozavales.

Municipio de Manzaneda: Cesuris, Reigada, San Miguel de Bidueira, Soutipedre, Manzaneda e San Martiño de Manzaneda.

Municipio da Pobra de Trives: Barrio, Mendoia, Piñeiro, Sobrado e Navea.

d) Subzona de Ribeiras do Miño.

Abarca as parroquias que se citan dos seguintes municipios:

Municipio do Saviñao: Segán, San Vitoiro de Ribas de Miño, Rebordaos, Santo Estevo de Ribas de Miño, Diomondi, Mourelos, Rosende e A Cova.

Municipio de Pantón: Ribeiras de Miño, Vilar de Ortelle, Atán, Pombeiro, Acedre, Espasantes, Frontón, Siós, Cangas e Pantón.

Municipio de Sober: Rosende e Anllo.

e) Subzona de Ribeiras de Sil.

Abarca as parroquias que se citan dos municipios seguintes:

Municipio de Parada de Sil: San Lourenzo de Barxacova, Sacardebois, Parada de Sil e Chandrexa.

Municipio da Teixeira: Cristosende, Lumeares e Abeleda.

Municipio de Castro Caldelas: Alais, Paradela, San Paio de Abeleda, Santa Tegra de Abeleda, Tronceda e Castro Caldelas.

Municipio de Nogueira de Ramuín: Viñoás, A Carballeira e Moura.

2. A cualificación dos terreos para os efectos da súa inclusión na zona de producción efectuaraa o Consello Regulador e deberán quedar delimitados na correspondente documentación cartográfica.

3. Para que os viños amparados poidan levar na etiquetaxe o nome dunha das subzonas definidas neste regulamento, será necesario que a materia prima proceda integramante dela e que a elaboración se realice no seu interior.

Artigo 13º

1. O Consello Regulador levará os seguintes rexistros.

a) Rexistro de viñas.

b) Rexistro de adegas de elaboración.

c) Rexistro de adegas de almacenamento.

d) Rexistro de adegas embotelladoras.

2. Para poder optar a inscribirse nos rexistros citados no parágrafo anterior, será necesario que tanto as viñas como as adegas estean situadas na zona de producción definida no artigo 4.1º deste regulamento.

3. Non obstante o disposto no punto anterior, e tendo en conta os costumes e as dificultades orográficas da área de producción, o Consello Regulador poderá autoriza-la inscrición nos rexistros de adegas de elaboración e embotellado, das que estean situadas nos terreos de:

a) Subzona de Amandi.

Municipio de Sober: nas parroquias de Brosmos, Bulso, Figueroá e Proendos.

b) Subzona de Chantada.

Municipio de Taboada: nas parroquias de Cicillón, Vilela, Carballo e Vilar de Cabalos.

c) Subzona de Ribeiras de Miño.

Municipio de Sober: nas parroquias de Vilaescura e Canaval.

Municipio de Pantón: nas parroquias de Eiré, Pantón, Ferreira de Pantón, Serode, Deade, Següín e San Fiz de Cangas.

Municipio do Saviñao: nas parroquias de Vilelos, Vilaesteva, Freán, Louredo, A Laxe, Fión, Marrube, Vilasante, Licín e Piñeiró.

d) Subzona de Ribeiras de Sil.

Municipio da Teixeira: nas parroquias de Montoedo e Pedrafita.

Municipio de Castro Caldelas: nas parroquias de Castro Caldelas, Mazaira, Trabazos, Camba e Poboeiros.

4. As solicitudes de inscrición dirixiranse ó Consello Regulador, xuntando os datos, documentación e comprobantes que en cada caso sexan requiridos polas disposicións e normas vixentes, nos impresos que dispoña o Consello Regulador.

Formulada a petición, as parcelas ou adegas deberán ser inspeccionadas polo persoal técnico que designe o Consello Regulador, co fin de comproba-las súas características e se reúnen as condicións esixidas por este regulamento.

5. O Consello Regulador denegará, de forma motivada, as inscricións que non se axusten ó preceptuado neste regulamento ou ós acordos adoptados por aquel sobre condicións complementarias de carácter técnico que deban reuni-las viñas e adegas.

6. A inscrición nestes rexistros non exime os interesados da obriga de inscribirse naqueles outros que, con carácter xeral, estean establecidos na lexislación vixente, e especialmente no Rexistro de Industrias Agroalimentarias e no de Embotelladores e Envasadores, se é o caso, o que deberá acreditarse con anterioridade á inscrición nos rexistros do Consello Regulador.

Disposición derradeira

A modificación da Orde do 30 de maio de 1995, aprobada por esta orde, entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural