Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.489

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2002 pola que se convoca un curso sobre contabilidade pública na Administración local.

Dentro do plan de actividades da EGAP para o 2002, e ó amparo do convenio subscrito con data do 15 de xaneiro de 2002 para a creación do Centro de Estudios Locais de Galicia, conforme coas fun

cións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso sobre contabilidade pública na Administración local que deberá desenvolverse de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Proporcionar coñecementos teóricos e prácticos en relación coa contabilidade dos entes locais e a súa aplicación mediante exercicios prácticos.

Segunda.-Destinatarios.

Persoal ó servicio da Administración local, pertencente ós grupos C e D ou asimilados.

Terceira.-Desenvolvemento.

1. Duración: 30 horas.

2. Lugar: A Coruña, Lugo e Ourense.

3. Datas:

A Coruña: 15, 16, 17, 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de outubro de 2002.

Ourense: 4, 5, 6, 7, 12, 13, 14, 18, 19 e 20 de novembro de 2002.

Lugo: 25, 26, 27 e 28 de novembro e 2, 3, 4, 5, 9 e 10 de decembro de 2002.

4. Horarios: de 17 a 20 horas.

5. Prazas: 25 por localidade.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación da instancia que segundo modelo oficial figura como anexo desta resolución, e cubrila en tódolos seus epígrafes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP, e presentaranse no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30, sen prexuízo da necesidade de remisión da solicitude orixinal por correo ordinario.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de setembro de 2002.

Seguidamente, efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente ós admitidos e publicarase na páxina web: www.egap.xunta.es.

Quinta.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de anulalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con reguralidade no curso, e é obrigatoria a asistencia a tódalas sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ó 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Oitava.-Contido.

Introducción á contabilidade financeira: a partida dobre. Criterios de cargo e aboamento. Estructura do plan xeral de contas da Administración local. Libros de contabilidade dos entes locais, contido e funcionamento. Significado e funcionamento das contas de balance e das contas de resultados. Contas de orde e de control orzamentario. Especial referencia ás contas de provisión, de amortizacións e

de periodificación contable. Obxectivos e principios da contabilidade pública local: relacións entre a estructura orzamentaria das entidades locais e o plan de contas da Administración local. Apertura da contabilidade e do orzamento local. Contabilización da xestión e execución do orzamento de gastos das entidades locais. Modificacións de crédito, axustes no orzamento prorrogado. Fases da xestión de gastos. Contabilidade de orzamentos de ingresos: as previsións iniciais e as súas modificacións. As fases de xestión dos ingresos dos entes locais. Contabilidade dos bens que constitúen o inmobilizado material, inmaterial e financeiro e das operacións de crédito das entidades locais. Contabilización das operacións non orzamentarias: estructura. Libros de contabilidade. Funcionamento. Os gastos con financiamento afectado e os gastos plurianuais: concepto, contabilización e consecuencias nas magnitudes de fin de exercicio. Operacións de fin de exercicio: periodificación, regulación e peche.

O resultado orzamentario. Os remanentes de crédito. O remanente de Tesourería. A conta xeral das entidades xerais: contido e tramitación.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega

de Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL