Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.489

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 4 de setembro de 2002 pola que se nomean vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

A Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, crea no seu artigo 28 o Consello Galego de Medio Ambiente como órgano consultivo da Administración ambiental autonómica.

Posteriormente o Decreto 155/1995, do 3 de xuño, establece a súa regulación e sinala a súa composición, determinando que formarán parte del tres persoas de recoñecido prestixio no campo ambiental, designadas polo presidente do consello, oído o pleno deste.

Por todo isto, en aplicación do artigo 4 do Decreto 155/1995, do 3 de xuño, oído o pleno do Consello Galego de Medio Ambiente e tendo en conta que o dito órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Medio Ambiente, en virtude do Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a súa estructura orgánica,

DISPOÑO:

Artigo único.-Desígnanse vocais do Consello Galego de Medio Ambiente como persoas de recoñecido prestixio no campo ambiental, de acordo co artigo 3 do Decreto 155/1995, as persoas que a continuación se relacionan:

-Manuel Bao Iglesias.

-Felipe Macías Vázquez.

-Darío Prada Rodríguez.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2002.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA