Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o obxecto do contrato é a prestación do servicio de limpeza nos edificios e dependencias do Concello de Santiago de Compostela.

Prazo de execución: o contrato terá unha duración de 2 anos prorrogables.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela ata as 14 horas do día 25-9-2002.

Documentación e información: Sección de Contratación do Concello de Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 30 33, fax 981 57 76 27.

Clasificación do contratista.

Grupo U, subgrupo 1, categoría b.

Grupo III, subgrupo 6, categoría b (disposición transitoria única, punto 2, do RXLCAP).

Criterios de adxudicación: son os sinalados no epígrafe do mesmo nome do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

Garantías: provisional: non se esixe.

Defnitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello, o día 27 de setembro de 2002, ás 12 horas.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2002.

Encarnación Otero Cepeda

Alcaldesa en funcións