Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

ANUNCIO.

Aprobados pola Comisión Municipal de Goberno o proxecto técnico e os pregos de condicións económico-administrativas, anúnciase o concurso público, polo procedemento aberto, que rexerá na contratación da seguinte obra:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello do Rosal.

2. Obxecto do contrato:

a) Iluminación pública Pías-A Cumieira (orzamento: 69.889,61 euros).

3. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

4. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello do Rosal.

b) Domicilio: praza do Calvario, nº 1.

c) Localidade: O Rosal.

d) Teléfono: 986 62 50 00.

e) Fax: 986 62 60 34.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

5. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditar solvencia económica, financeira e técnica.

6. Presentación de ofertas:

En man ou por correo no Rexistro do Concello do Rosal, ata as 14 horas e durante os 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de presentación fóra do Concello do Rosal, deberá informarse fidedignamente o concello con anterioridade á finalización do prazo de presentación de propostas.

Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

Formularanse proposicións económicas por cada unha das obras.

Lugar de presentación: Concello do Rosal; praza do Calvario, 1.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día seguinte ó da apertura de proposicións.

7. Apertura de proposicións:

Realizaraa a mesa de contratación na forma indicada no prego. Se o día coincide en sábado ou festivo, a apertura farase o seguinte día hábil.

8. Gastos dos anuncios:

Por conta do adxudicatario.

O Rosal, 16 de xullo de 2002.

Jesús Mª Fernández Portela

Alcalde