Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RÁBADE

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Rábade.

b) Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do concurso.

a) Descrición: realización das obras de pavimentación e servicios na rúa Lope de Vega de Rábade. POS 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: sinálase como tipo de licitación a cantidade de 53.969,50 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 2 por 100 do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Rábade.

b) Domicilio: r/ Lope de Vega, s/n.

c) Localidade e código postal: Rábade, 27370.

d) Teléfono e fax: 982 39 00 62, 982 39 09 52 e 982 39 04 11.

e) Data límite para a obtención de documentación e información: o día anterior hábil ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación: a que figura nos pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Rábade. R/ Lope de Vega, s/n; das 10 ás 14 horas. Teléfono e fax: 982 39 00 62 e 39 04 11.

8. Apertura de plicas.

A apertura das ofertas económicas terá lugar na Casa do Concello de Rábade, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, que non cadre en sábado.

9. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Rábade, 31 de xullo de 2002.

P.D.

Mª Ángeles López Reboredo

Tenente de alcalde