Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na súa sesión ordinaria do 13 de xullo de 2002, adoptou entre outros, o acordo do teor literal seguinte:

3. Plan parcial SUR-4, Moreiras. Aprobación definitiva.

Visto que o expediente de aprobación do proxecto do Plan parcial SUR-4, Moreiras foi aprobado inicialmente polo Pleno desta corporación na sesión que tivo lugar o vintecinco de xaneiro de dous mil dous e sometido a información pública durante o período dun mes, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia nº 53, do xoves catorce de marzo dous mil dous e no diario La Región de Ourense o día oito de marzo de dous mil dous, sen que se presentaran alegacións.

Visto que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe previo á aprobación inicial con data vintecinco de xaneiro de dous mil dous para os efectos do disposto no artigo 41.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Visto o escrito de contestación do alcalde ó informe antes mencionado, que se presentou á súa vez cos informes do arquitecto asesor do concello e do arquitecto autor do proxecto do Plan parcial e o informe da Confederación Hidrográfica del Norte.

Visto o informe da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que contiña dúas observacións ó escrito remitido polo concello o pasado día dez de xuño, e que o técnico redactor do proxecto tivo en conta, engadindo no documento que forma o Plan parcial a xustificación a estas observacións.

Visto que, de conformidade co disposto no artigo 45.2º da Lei do solo de Galicia, a competencia para a aprobación definitiva do mencionado Plan parcial lle corresponde ó concello.

Visto que a teor do disposto no artigo 47.3º i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o acordo de aprobación definitiva require o voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros da corporación.

O Pleno, por unanimidade dos oitos concelleiros presentes na sesión, sendo o seu número legal de once, en votación ordinaria, e polo tanto co quórum favorable de votación da maioria absoluta legal do número de membros que a compoñen, acordou:

Primero.-Aprobar definitivamente o Plan parcial do sector SUR-4, Moreiras, do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Pereiro de Aguiar, promovido por Xestur Ourense, S.A., e redactado polo arquitecto Ignacio Inaraja Bobo.

Segundo.-Dar cumprimento ó disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e publica-lo acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia, así como neste último o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

O Pereiro de Aguiar, 22 de agosto de 2002.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde