Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, arti

go 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local e disposicións concordantes, faise público que o Pleno deste Concello, en sesión do 29 de agosto de 2002, aprobou definitivamente a Modificación Puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal no sector RA-48, en Guillar.

Contra o dito acordo, definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte á derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Outeiro de Rei, 2 de setembro de 2002.

José Pardo Lombao

Alcalde