Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 29 de agosto de 2002, adoptou acordo de someter a información pública polo prazo dun mes máis, o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sarria, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

A documentación do referido avance poderá ser examinada na Casa do Concello, de 9 a 14 horas, de luns a sábado, durante un prazo dun mes máis, perante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que estimen pertinentes.

Sarria, 2 de setembro de 2002.

Claudio M. Garrido Martínez

Alcalde