Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO do 14 de agosto de 2002, da Área Provincial da Coruña, polo que se require a retirada dos mobles da vivenda sita na Coruña, polígono do Birloque, bloque 12, 9ºB, conta 474, expediente C1CD79, a aquelas persoas que acrediten o seu dereito a eles.

Con data do 4 de xullo de 2002 procedeuse ó lanzamento dos ocupantes da vivenda situada na Coruña, polígono do Birloque, bloque 12, 9ºB, cta. 474, expte. C1CD79 coa conseguinte recuperación da posesión desta. O dito lanzamento é consecuencia do procedemento de desafiuzamento nº 21/2000 seguido contra Encarnación Basich Asensi e que foi resolto en data do 2 de novembro de 2000. Para proceder ó lanzamento solicitouse autorización xudicial de entrada en domicilio que se concedeu con data do 5 de xuño de 2002.

No momento do lanzamento, os ocupantes da vivenda negáronse a se facer cargo dos mobles e utensilios que se encontraban dentro da vivenda, polo que se procedeu ó seu inventario e retirada desta, permanecendo, desde esa data depositados nun local propiedade do IGVS.

Desde a data do lanzamento, non se produciu ningunha comunicación do ocupante da vivenda relativa ós devanditos utensilios, polo que descoñecendo o domicilio actual deste, requírese a aquelas persoas que puideran ter dereito sobre os ditos mobles para que, unha vez acreditado, os retiren no prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo consideraranse bens abandonados para tódolos efectos, segundo o establecido no artigo 703.1º da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (edificio de Servicios Múltiples. Salvador de Madariaga s/n. A Coruña. Teléfono 981 18 48 00). Expido, asino e selo este anuncio na Coruña a 14 de agosto de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña