Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2002 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto e trámite de urxencia para a contratación da subministración dun mínimo de oito vehículos para o organismo autónomo Augas de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número do expediente: EC0002/02.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración dun mínimo de oito (8) vehículos para Augas de Galicia.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 120, do 24 de xuño de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: noventa e cinco mil euros (95.000 A).

5. Adxudicación.

a) Data: 13 de agosto de 2002.

b) Contratista: Lassalle Hermanos, S.A.

c) Importe da adxudicación: noventa e catro mil novecentos setenta e sete euros (94.977 A).

En cumprimento do previsto no artigo 58 de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida en alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, de conformidade co artigo 8 da

Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia na redacción dada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, de medidas tributarias, réxime orzamentario, función pública, organización e xestión, e os artigos 114 e 115 da Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2002.

Francisco José Pan-Montojo González

Presidente de Augas de Galicia