Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2002, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación ordinaria, concurso público para a contratación do expediente 36/2002.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide - Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións - Unidade de Contratación.

c) Números de expedientes:

* C.P. 36/2002 (subministración).

2. Obxecto da contratación:

a) Descrición do obxecto:

* C.P. 36/2002.-Adquisición de equipamento.

b) Número de unidades que se entregarán:

* C.P. 36/2002.-Ver anexo C.P. 36/2002.

c) División por lotes e número:

* C.P. 36/2002.-Ver anexo C.P. 36/2002.

d) Lugar de entrega:

* C.P. 36/2002.-Almacén xeral (Servicio de Subministracións).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación:

* C. P. 36/2002.-Ordinaria.

b) Procedemento:

* C. P. 36/2002.-Aberto.

c) Forma:

* C. P. 36/2002.-Concurso.

4. Orzamento base de licitación:

* C. P. 36/2002: 130.758 A.

5. Garantía provisional:

* C. P. 36/2002: provisional: 2% do orzamento de licitación ou de cada lote ó que se concorre. (Ve-lo número 10 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos (Unidade de Contratación)

b) Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

c) Localidade e código postal: Ferrol (15405).

d) Teléfono: 981 33 45 14.

e) Telefax: 981 33 40 84.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista:

As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse coa documentación sinalada no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar:

* C. P. 36/2002: a especificada no punto 5 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

* Entidade: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos (rexistro xeral).

* Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

* Localidade e código postal: Ferrol (15405).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (C.P. 36/2002): 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: ve-lo punto 6 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións:

e) Entidade: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide - Profesor Novoa Santos (sala de xuntas).

f) Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.

g) Localidade e código postal: Ferrol (15405).

d) Data: décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: a partir das 10 horas.

10. Outras informacións:

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío

na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex, fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a documentación se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais que será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios, será de 400 A.

Ferrol, 26 de agosto de 2002.

Ricardo López Boullón

Director xerente en funcións do Complexo

Hospitalario Arquitecto Marcide - Profesor

Novoa Santos de Ferrol