Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación do expediente de sanción por infracción na orde social 19/2002.

Notifícaselle, de conformidade co establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que a continuación se relaciona, ó non poder notificar por correo certificado, a resolución dictada no expediente de sanción, por infracción na orde social (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral);

o seu enderezo, identificación, número do expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse a seguir:

Empresa: Suso Fernández, S.L.

Domicilio: avda. Santiago, 95, Ourense.

NIF: B32283624.

Nº expediente: 19/2002.

Contía: 1.502,54 euros.

Disposición infrinxida: artigo 242 da O.M. 28-8-1970.

Contra esta resolución poderá interpo-lo interesado recurso de alzada, polo conducto desta delegación, perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírteselle que de non ser interposto este en tempo e forma terá que aboa-la multa imposta a través da Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 22 de xullo de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo