Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da subministración de material informático para a Axencia de Desenvolvemento do Litoral de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Planificación.

2. Obxecto:

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración de material informático para a Axencia de Desenvolvemento do Litoral de Galicia.

b) Prazo de execución: un mes a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: setenta e nove mil oitocentos cincuenta (79.850) euros IVE e demais impostos incluídos.

Lote 1: cincuenta e tres mil trescentos cincuenta (53.350) euros.

Lote 2: vinteseis mil cincocentos (26.500) euros.

5. Garantía provisional:

Lote 1: mil sesenta e sete (1.067) euros.

Lote 2: cincocentos trinta (530) euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 61 56.

e) Telefax: 981 54 40 37.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1691.

7. Requisitos específicos do contratista:

Non se esixe.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará as catorce horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio administrativo de San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15781), ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contrados do Estado.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5, 2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o duodécimo día natural seguinte ó peche do prazo de presentación de propostas. No caso en que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de publicación:

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2002.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca

e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS