En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Hostelería y Actividades Turísticas de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán ser membros da asociación as persoas físicas ou xurídicas que pertenzan á rama da hostelería, actividades turísticas de ocio e empresas comercializadoras de turismo que residan na Comunidade Autónoma de Galicia.
Asinan a acta de constitución: Martín Marín Llorente e nove persoas máis.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.
José Vázquez Portomeñe
Director xeral de Relacións Laborais