Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico A Fonsagrada, nos concellos da Fonsagrada e Ribeira de Piquín (Lugo), promovido por Endesa Cogeneración y Energías Renovables, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 5 de abril de 2002 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico A Fonsagrada, nos concellos da Fonsagrada e Ribeira de Piquín (Lugo),

promovido por Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

* Parque eólico A Fonsagrada. Proxecto de execución. Decembro 2000,

* Parque eólico A Fonsagrada. Estudio de impacto ambiental. Volume I,

* Parque eólico A Fonsagrada. Estudio de impacto ambiental. Volume II. Anexos,

* Parque eólico da Fonsagrada. Estudio de impacto arqueolóxico. Informe final. Decembro 2000,

* Separata ó proxecto. Parque eólico A Fonsagrada. Afección á estrada da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Decembro 2000.

* Infome paisaxístico dos aeroxeradores números 46 ó 62 do Parque eólico da Fonsagrada.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente DIA as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio ambiental e restante documentación avaliada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva ó proxecto denominado Parque eólico A Fonsagrada, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 49,5 MW de potencia total nos concellos da Fonsagrada e Ribeira de Piquín (Lugo), constituído por 75 aeroxeradores modelo MADE AE 46/I de 660 kW de potencia unitaria, localizados nas Serras do Muradal e do Hospital, dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice XVértice Y

649.3954.780.311

651.2054.780.311

652.3294.775.447

652.5154.772.247

652.5014.770.005

651.7484.770.113

650.4454.774.614

649.3664.778.420

Tendo en conta o exposto no punto 8 desta DIA, para evita-la afección sobre o Camiño de Santiago, os aeroxeradores 52, 53, 54, 55, 56 e 57, así como as súas infraestructuras asociadas deberán ser eliminados, polo que o parque eólico quedará constituído por 69 dos 75 aeroxeradores proxectados, cunha potencia total instalada de 45,54 MW.

Así mesmo, os aeroxeradores 51, 58, 59, 60, 61 e 62 deberán ser desprazados segundo o indicado no punto 8 desta DIA, polo que as coordenadas UTM destes aeroxeradores se establecerán, se é o caso, unha vez recibida, avaliada e informada favorablemente a documentación requirida no punto 11.2 da DIA.

Tendo en conta o exposto no punto 6.2 desta DIA, dado que a localización prevista dos restantes 63 aeroxeradores podería variar á vista dos resultados da documentación requirida no punto 11.1 da DIA, a localización proxectada ten carácter provisional, establecéndose con carácter definitivo, se é o caso, unha vez sexa recibida, avaliada e informada favorablemente a citada documentación.

A localización dos aeroxeradores e infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle no plano Planta xeral de viais e gabias. Decembro 2000, do estudio de impacto ambiental, agás para o que se derive do cumprimento do indicado nos parágrafos anteriores.

As coordenadas UTM dos 63 aeroxeradores con posicións definidas, con carácter provisional tendo en conta o antedito, son as seguintes:

AeroxeradorUTM XUTM Y

1649.4084.778.672

2649.5694.778.572

3649.6404.778.471

4649.6204.778.315

5649.6924.778.225

6649.8064.778.100

7650.1004.777.978

8650.1514.777.864

9650.2034.777.750

10650.2544.777.636

11650.2624.777.511

12650.2704.777.386

13650.2784.777.262

14650.2204.777.106

15650.2464.776.971

16650.2984.776.860

17650.3344.776.743

18650.3634.776.624

19650.3294.779.858

20650.3794.779.743

21650.4214.779.627

22650.4544.779.509

23650.5054.779.395

24650.5674.779.284

25650.6434.779.177

26650.6784.779.067

27650.7214.778.960

28650.7494.778.848

29650.7974.778.688

AeroxeradorUTM XUTM Y

30650.8674.778.470

31650.9424.778.364

32651.0034.778.255

33651.0454.778.137

34651.0874.778.019

35651.1284.777.901

36651.2074.777.783

37651.2114.777.655

38651.1604.777.533

39651.1974.777.405

40651.2354.777.285

41651.2834.777.170

42651.3504.777.021

43651.3954.776.911

44651.5134.776.604

45651.5354.776.481

46651.5344.775.330

47651.5474.775.201

48651.5854.775.081

49651.6344.774.962

50651.6944.774.825

62651.3164.772.839

63651.3534.772.738

64651.3834.772.628

65651.4364.772.536

66651.4974.772.447

67651.5584.772.358

68651.6164.772.266

69652.1914.771.402

70652.2244.771.282

71652.2324.771.158

72652.2394.771.033

73652.2344.770.908

74652.2254.770.781

75652.2244.770.658

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Durante a fase de obras procederase, nos períodos de seca, á humectación continua dos viais e das zonas onde se estean a realizar movementos de terras, co fin de evita-lo levantamento excesivo de po, segundo o indicado no estudio ambiental. Así mesmo, os camións de transporte de terras ou materiais que poidan xerar po, deberán ir cubertos con lonas ou similar.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora no parque e nas vivendas máis próximas non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

Para tal fin, realizarase un seguimento do nivel de ruído durante as fases de construcción e funcionamento do parque, de acordo co plan de control do nivel de ruído proposto no anexo III do estudio

ambiental, engadindo ós puntos de control propostos, os núcleos de Castañoso, Montouto e San Mamede.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga, así como calquera captación ou vertedura, precisará da autorización da Confederación Hidrográfica do Norte, segundo se establece no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, axustándose ás directrices do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa. Se é o caso, solicitarase a autorización de captación de auga para o seu uso no edificio de control.

As drenaxes transversais dos viais realizarase de xeito que non se modifique o actual réxime hídrico da zona. Para tal fin deberase presentar un estudio da localización de tódolos dispositivos de drenaxe necesarios, tanto transversais como lonxitudinais. No estudio incluirase un plan do control de seu funcionamento, de acordo co requirido no punto 11.6 da presente DIA.

A achega das augas das drenaxes transversais e lonxitudinais á rede hidrográfica farase gradualmente, instalando sistemas protectores e/ou de disipación de enerxía á súa saída, co fin de evitar erosións, deposición de sólidos ou asolagamentos na traxectoria de incorporación das augas ós cursos naturais.

Extremaranse as precaucións na execución das obras nas zonas de afección potencial á rede hidrolóxica, de acordo co estudio ambiental.

As augas residuais que se xeren no edificio de control deberán ser conducidas ata a fosa séptica prevista, que deberá ser mantida periodicamente para garanti-lo seu correcto funcionamento.

A medida que avanza a obra procederase á estabilización e revexetación dos noiros de desmonte e terraplén resultantes da execución dos viais, así como das plataformas de montaxe, zona da subestación, foxos e contorno das obras de drenaxe, co obxecto de previr fenómenos erosivos e incorporación de sólidos ás augas. Nas zonas de maior pendente empregaranse mallas antiescorrega e calquera outra medida necesaria para evita-lo arrastre de materiais ladeira abaixo.

Non se acumularán terras, entullos, material de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume dos cursos fluviais ou áreas hidromorfas, nin interferindo na rede natural de drenaxe, para evita-la súa incorporación ás augas no caso de chuvias ou escorrega superficial. Non está permitida a lavada de maquinaria e materiais nos cursos de auga.

Non estando previsto no estudio ambiental presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto desde planta ou plantas localizadas fóra da obra, que conten coas debidas autorizacións.

Co fin de controlar que a calidade das augas non resulta afectada, tanto na fase de obras como durante o primeiro ano de funcionamento, levarase a cabo o plan de control da calidade das augas proposto no anexo V do estudio ambiental.

4. Protección do solo.

Realizarase un control topográfico preciso dos límites das zonas de obra e da localización de tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, que se axustará ó establecido nesta declaración, estando prohibido ocupar terreos fóra dos previstos.

Procederase á delimitación das distintas zonas de obra, mediante o seu balizado, que deberá manterse en perfecto estado durante o transcurso das obras, sendo retirado cando estas finalicen.

Para calquera modificación que fose necesario introducir no proxecto, independentemente da súa causa, haberá que aterse ó indicado no punto 13.4 da presente declaración.

As infraestructuras asociadas á construcción do parque eólico executaranse de acordo coas especificacións técnicas e dimensións sinaladas no proxecto, non permitíndose o seu sobredimensionamento.

A circulación de vehículos e maquinaria de obra no parque restrinxirase ós viais e zonas acondicionadas para o efecto.

No caso de realizar voaduras, disporanse os medios materiais necesarios (redes, mallas, lonas ...) que impidan a proxección de fragmentos de rocha ó contorno. En calquera caso, se estes se producisen, deberán ser retirados da zona e depositados en lugar autorizado.

Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terraplén, tendo en conta que se trala finalización das obras, existise material sobrante das escavacións, será retirado e depositado en lugar autorizado por órgano competente. Así mesmo, no caso de precisar materiais de préstamo, deberá acreditarse previamente a súa procedencia, indicando a localización, extensión, volume e condicións de restauración do préstamo que se vai efectuar.

Para a localización das instalacións de obra seleccionarase un lugar de baixo valor ambiental, escasa pendente e afastado de calquera curso de auga, zona hidromorfa ou área de protección arqueolóxica, reflectindo a localización prevista no plano requirido no punto 11.3 desta DIA.

No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestructura ou instalación preexistente debido ós labores de construcción do parque, deberá restituírse a súa calidade ós niveis previos ó inicio das obras.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire

ó uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten ós terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

5. Xestión de residuos.

Tódolos residuos que se xeren como consecuencia da instalación, explotación e desmantelamento do parque eólico deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte ó vertido.

Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

Os labores de limpeza, mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de construcción realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derrames accidentais de substancias contaminantes. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria (mobilidade restrinxida), estas tarefas realizaranse na zona destinada a instalacións de obra, protexendo o solo con materiais impermeables e dispoñendo os medios necesarios para a recollida de posibles vertidos.

Ó finaliza-las obras, e antes do inicio da fase de explotación, deberán terse retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra.

En tanto non se produzan as sucesivas entregas ó xestor autorizado, durante a fase de construcción os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra, e durante a fase de explotación disporanse no edificio de control.

6. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

6.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, tanto na fase de obras como ó longo de toda a vida útil do parque, realizaranse comprobacións periódicas que permitan determina-la existencia ou non de afeccións sobre os seus efectivos poboacionais e detectar posibles cambios no comportamento e usos do hábitat producidos pola instalación e/ou presencia dos aeroxeradores.

Para tal fin, levarase a cabo o plan de seguimento de avifauna proposto no estudio ambiental, que deberá ser completado de acordo co requirido no punto 11.7 da DIA.

Así mesmo, dada a presencia de varias especies singulares de morcegos na zona, realizarase un seguimento da posible incidencia do parque sobre as súas poboacións, de acordo co requirido no punto 11.8 da presente DIA.

6.2. Sobre a vexetación.

A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario, efectuándose mediante sistemas de roza.

Previamente á corta de arborado realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

Calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira precisará da preceptiva autorización ou informe, segundo o caso, tal como se establece na Lei 7/1992, de pesca fluvial, e no Decreto 130/1997, que desenvolve o regulamento da antedita lei.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberase proceder á súa trituración e espallado homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo.

As especies vexetais de interese comunitario e prioritarias presentes na zona, como Narcissus cyclamineus e Narcissus triandrus, non poderán ser afectadas. Para tal fin, deberá presentarse un informe valorativo da posible incidencia das infraestructuras e instalacións sobre as anteditas especies, de acordo co requirido no punto 11.1 da DIA.

7. Protección do patrimonio cultural.

Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos en todo o ámbito do parque, polo que, previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Durante as fases de replanteo e execución de obra revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección.

Tal e como se indica no estudio de impacto arqueolóxico, será necesario levar a cabo un plan de posta en valor do patrimonio cultural da zona, conforme a un proxecto que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

A copia da autorización para a súa realización, así como a memoria cos resultados do seu desenvolvemento serán remitidos a esta dirección xeral no momento en que o promotor dispoña destes, formando parte da documentación que se vai remitir

dentro do Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental reflectido no punto 12 desta DIA.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

8. Sobre a paisaxe.

De cara a evita-la afección ó Camiño de Santiago, no tramo denominado camiño primitivo, deberanse levar a cabo as seguintes actuacións:

1. Os aeroxeradores número 52, 53, 54, 55, 56 e 57 deberán ser eliminados.

2. Os aeroxeradores número 51, 60, 61 e 62 deberán ser desprazados de xeito que se minimice a súa visibilidade desde o Camiño de Santiago.

3. Deberanse dispoñer pantallas vexetais para minimiza-la visualización dos aeroxeradores número 46, 47, 48, 49, 50, 58 e 59.

Para tal fin, deberase presentar un plano en planta, a escala 1/10.000 ou maior detalle, no que se reflictan os anteditos requirimentos e unha addenda ó proxecto de restauración que considere a instalación das pantallas vexetais propostas polo promotor no documento titulado Informe paisaxístico dos aeroxeradores números 46 ó 62 do parque eólico da Fonsagrada, segundo o requirido no punto 11.9 desta DIA.

Empregaranse cores pouco rechamantes e tonos mate no acabado dos aeroxeradores e as liñas eléctricas previstas no interior do parque, tanto en baixa como en media tensión, así como as de telemando, comunicacións, etcétera, estarán soterradas en gabias, tal como se indica no estudio ambiental.

O acabado do edificio de control adecuarase á tipoloxía constructiva da zona, de acordo co indicado no estudio ambiental. As paredes estarán recubertas de pedra e a cuberta será de lousa. As cores que se van utilizar na pintura de exteriores serán mates.

O desenvolvemento do plan de revexetación, conforme avanza a obra, deberá garanti-la integración paisaxística das restantes infraestructuras do parque eólico.

Os afloramentos rochosos con interese xeomorfolóxico ou paisaxístico existentes na zona deberán ser respectados. Se isto levase consigo o desvío dalgunha infraestructura ou instalación, haberá que aterse ó indicado no punto 13.4 desta DIA.

9. Outras medidas.

Co fin de evitar posibles colisións de aeronaves cos aeroxeradores, deberanse instalar sinalizacións conforme a normativa OACI (Organización de Aviación Civil Internacional), de tal xeito que indiquen a presencia dos aeroxeradores.

10. Restauración.

Tódolas superficies afectadas ou deterioradas pola execución das obras (marxes dos viais, foxos, gabias do cableado, plataformas de montaxe, contorno da subestación e do edificio de control, obras de drenaxe, zonas de amoreamento de materiais...) deberán ser restauradas e revexetadas, restituíndo a vexetación autóctona presente na zona e favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal. Así mesmo, garantirase o seu mantemento ó longo do tempo.

Para tal fin, levarase a cabo o plan de restauración e revexetación de solos incluído no anexo II do estudio ambiental, realizando un seguimento da súa efectividade, tal como se considera no plan de vixilancia presentado. Incrementarase a intensidade deste seguimento no caso de que se detecten dificultades para o desenvolvemento da vexetación.

Os labores de restauración realizaranse conforme avanza a obra e as distintas superficies que se van restaurar acadan o seu estado definitivo, co fin de controla-los fenómenos erosivos, arrastres de materiais e lograr unha maior integración paisaxística das zonas alteradas desde un principio.

A capa edáfica ou horizonte vexetal do solo será retirada previamente á ocupación do terreo, amoreada sen mesturala con outros horizontes e mantida nas condicións sinaladas no plan de restauración.

Previamente á revexetación efectuarase o acondicionamento do terreo, procedendo á súa descompactación e laboreo superficial, retirando o exceso de pedregosidade e estendendo a terra vexetal previamente amoreada. Minimizarase o estendido de terra vexetal, restrinxíndoo ás zonas alteradas que vaian ser restauradas.

Ó finaliza-las obras, retiraranse as casetas de obra e calquera outra estructura relacionada, procedendo á recuperación da zona afectada.

No referente á addenda ó plan de restauración indicada no punto anterior, respecto das pantallas vexetais, deberase incluír unha memoria na que se describan detalladamente os arbores que se van utilizar, o marco de plantación, a procedencia das árbores e a época de plantación, planos en planta detallados, nos que se reflictan as pantallas, os aeroxeradores, o Camiño de Santiago e os elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela.

Así mesmo, incluirá prego de condicións e orzamento detallado (integrado por cadro de prezos unitario, auxiliares, medicións e descompostos, orzamento de execución material e orzamento por contrata), segundo o requirido no punto 11.9 desta DIA.

Así mesmo, deberase presentar unha addenda ó plan de restauración incluído no estudio ambiental,

onde se describa con detalle a totalidade das actuacións que se van efectuar nas fases de desmantelamento e abandono, incluíndo a desmontaxe e retirada dos aeroxeradores e os labores de acondicionamento do terreo previos á restauración, e un novo orzamento do plan de restauración para as fases de construcción e desmantelamento do parque, cos contidos indicados no parágrafo anterior, segundo o requirido no punto 11.9 desta DIA.

11. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, nun prazo de tres (3) meses desde a notificación da presente DIA, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Informe valorativo da posible incidencia das infraestructuras e instalacións sobre as especies vexetais Narcissus cyclamineus e Narcissus triandrus, conforme o indicado nos puntos 1 e 6.2 desta DIA. Este informe acompañarase de medidas protectoras e/ou correctoras no caso de detectar algunha afección.

11.2. Plano en planta, a escala 1/5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta:

* A eliminación e desprazamento dos aeroxeradores indicados nos puntos 1 e 8 desta DIA, ademais do resto de aeroxeradores e infraestructuras asociadas, xunto cunha listaxe das coordenadas UTM dos novos lugares.

* A pantalla vexetal proposta no documento titulado Infome paisaxístico dos aeroxeradores números 46 ó 62 do parque eólico da Fonsagrada, en relación ós aeroxeradores que se van apantallar e o Camiño de Santiago.

* Elementos do patrimonio cultural coas súas áreas de exclusión e cautela.

* Os posibles cambios derivados do resultado do informe requirido no punto 11.1 desta DIA.

Unha vez informada favorablemente por esta dirección xeral a documentación requirida nos puntos anteriores, da que se presentarán catro (4) exemplares, presentarase:

11.3. Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a poligonal do parque e tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, de acordo co que se derive do cumprimento dos puntos anteriores. Diferenciaranse os viais preexistentes dos de nova construcción e aqueles que se van acondicionar (indicando lonxitude de cada tipo), reflectindo así mesmo o acceso ó parque, elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela, e a localización prevista da zona de instalacións de obra, parque de maquinaria e acopio de materiais.

11.4. Resultados dunha nova medición do nivel de ruído na fase preoperacional, en tódolos puntos propostos e nos indicados no punto 2.2 desta DIA, incluíndo o resultado da medición en nivel equivalente, efectuada por entidade homologada conforme as disposicións do Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica. O informe de resultados estará asinado por técnico da entidade realizadora da medición.

11.5. Resultados da campaña preoperacional de análise da calidade das augas, conforme o plan de control incluído no estudio ambiental. As analíticas serán efectuadas por laboratorio homologado.

11.6. Estudio xustificado de localización dos dispositivos de drenaxe necesarios, tanto transversais como lonxitudinais, indicando a dirección do fluxo de auga e a área drenada por cada unha das infraestructuras de drenaxe proxectadas, incluíndo un plano en planta a escala 1:10.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM. Así mesmo, describiranse os sistemas protectores e de disipación de enerxía que se van instalar á saída das drenaxes transversais e nos puntos de vertedura dos foxos á rede natural de drenaxe da zona e proporase un plan de seguimento do funcionamento das drenaxes instaladas.

11.7. Addenda ó plan de seguimento da incidencia do parque eólico sobre a avifauna, completando os seguintes aspectos:

* Mapificación das áreas de campeo, nidificación e uso do espacio pola avifauna, centrándose nas especies de maior valor ecolóxico presentes na área.

* Definición cuantitativa e cualitativa dos limiares de risco (alerta e inadmisible) por colisión e aparición do efecto baleiro, que indiquen a necesidade de adopción de medidas protectoras ou correctoras específicas, detallando e xustificando o método para a súa determinación.

* Descrición detallada das medidas protectoras e/ou correctoras que se vai adoptar, tanto na fase de obras como na de funcionamento, no caso de acada-las situacións de risco indicadas no punto anterior. Consideraranse, entre outras, a estipulación dun período de parada dos aeroxeradores e un incremento na frecuencia dos controis que se van efectuar. Describiranse así mesmo as medidas propostas para a detección de posibles impactos imprevistos, así como as medidas protectoras de aplicación inmediata ante unha situación deste tipo.

11.8. Proposta dun plan de seguimento e vixilancia da incidencia do parque sobre as poboacións de quirópteros, que conterá, como mínimo, os seguintes puntos:

* Descrición e xustificación da metodoloxía empregada nas prospeccións poboacionais e a localización de quirópteros accidentados.

* Frecuencia das visitas de comprobación, tendo en conta que deberá realizarse unha campaña previa ó inicio das obras, que permita coñece-los efectivos poboacionais, zonas de cría e/ou refuxio e usos do hábitat das especies presentes, co obxecto de detectar posibles cambios nestes aspectos, producidos pola instalación do parque eólico.

11.9. Addenda ó plan de restauración segundo o indicado nos puntos 8 e 10 desta DIA.

11.10. Documentación acreditativa de ter notificada a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.11. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 7 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó inicio das obras ata que non conte co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Unha vez informado por esta dirección xeral o cumprimento do indicado nos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo, como mínimo 48 horas antes do seu comezo, un cronograma de obras actualizado, que conteña tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio, fin e a duración prevista.

12. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras consideradas no estudio ambiental e no condicionado da presente declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitiralle a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo e coa periodicidade indicada, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

12.1. Durante a execución das obras, con carácter mensual, presentarase:

a) Cronograma de obras debidamente actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas pro

tectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ó total. No cronograma figurará a data de actualización.

Con carácter trimestral, presentarase un informe de obras que inclúa:

b) Resultados das medicións do nivel de ruído, en plena actividade, indicando persoal de obra e maquinaria en funcionamento durante a realización da medición. As medicións serán efectuadas por entidade homologada e os informes presentaranse asinados por técnico desa entidade.

c) Resultados do control do funcionamento da rede de drenaxe, da calidade das augas e das súas condicións de incorporación á rede natural e da incidencia das obras sobre a avifauna e quirópteros, conforme os plans de vixilancia presentados polo promotor, e de acordo co indicado nos puntos 3 e 6.1 desta DIA.

d) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos, controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas), resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras (control de eficacia), tanto as indicadas na documentación avaliada como as establecidas nesta declaración, incidencias ou imprevistos acontecidos, labores de restauración levados a cabo, xestión dos residuos de obra, etcétera. O informe reflectirá o cumprimento das condicións establecidas na declaración, en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados dela. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

e) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real das obras e porcentaxe de execución respecto ó total, referido ós distintos elementos que conforman o proxecto: viais, aeroxeradores, plataformas de montaxe, gabias do cableado, subestación, etcétera.

12.2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en marcha da instalación. No prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, presentarase un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo:

a) Memoria onde se describa o desenvolvemento dos traballos desde a emisión do último informe de obras, controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia (indicando datas das visitas), medidas protectoras e correctoras levadas a cabo e resultado destas (control de eficacia), incidencias ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas, destino dos sobrantes de terras, residuos de obra e biomasa vexetal e descrición detallada do estado final da área afectada, en relación a tódolos aspectos incluídos no estudio ambiental e no condicionado desta declaración.

b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os aeroxeradores, subestación, estado dos viais, drenaxes e foxos, gabias do cableado, estado de limpeza da área, en especial da zona destinada a instalacións de obra, así como das zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.

d) Documentación acreditativa de ter notificada a pequena producción de residuos perigosos para a fase de explotación, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

e) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a localización real de tódalas instalacións e infraestructuras do parque, correspondente a un levantamento topográfico da obra realizada, indicando así mesmo as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

12.3. Seguimento ambiental semestral, contado desde o inicio da explotación, durante os dous primeiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultados das medicións do nivel de ruído na fase de funcionamento do parque, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición e a duración desta. Os resultados da primeira medición realizada serán remitidos no momento no que sexan obtidos.

b) Resultados do control do funcionamento dos dispositivos de drenaxe, mantemento do réxime hídrico, calidade das augas e condicións de incorporación das augas á rede natural de drenaxe, de acordo co indicado no punto 3 da DIA.

c) Resultados do plan de seguimento de avifauna e quirópteros, conforme o indicado no punto 6.1 desta DIA.

d) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica detallada, no que se describan os resultados da aplicación do plan de restauración, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado dos viais, noiros, drenaxes, foxos, gabias do cableado e aquelas zonas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Detalle dos controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas) para verifica-la eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas, avaliando o seu resultado. Descrición das posibles incidencias en relación a tódolos aspectos

incluídos ou derivados da DIA. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

12.4. Seguimento ambiental anual: presentarase a partir do segundo ano de explotación e terá, salvo indicación en contra por parte desta dirección xeral, os contidos do informe requirido no punto anterior.

12.5. Informe previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, remitirase o cronograma previsto das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación. Se é o caso, xuntarase un informe indicando as posibles variacións respecto do previsto na addenda que se vai presentar de acordo co punto 11.9 desta DIA, xunto coa súa xustificación.

12.6. Informe posterior ó abandono: no prazo de dous (2) meses contados desde o fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, remitirase un informe que conteña a descrición detallada das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión aplicada ós residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.

No caso de que se detecten durante o seguimento ambiental que se vai efectuar, en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente a esta dirección xeral, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas.

13. Condicións adicionais.

13.1. Para a efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicaralle a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

13.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderá solicitarlle ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor realizaralle a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as

novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá a súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.

13.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

13.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá ser notificado previamente, a través do órgano substantivo, a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando así mesmo se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

13.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ó medio ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Proponse como importe provisional do aval, que deberá fixa-lo órgano substantivo, o 4% do investimento previsto, ascendendo á cantidade dun millón trescentos cinco mil cento trinta e un con sete (1.305.131,5) euros (217.155.643 pesetas). O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o orzamento completo do plan de restauración, tendo en conta o requirido no punto 11.9 da presente DIA.

13.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non considerado actualmente.

13.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou á solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos.

13.8. O incumprimento total ou parcial, por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder

á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

13.9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificacións desta, incluído, se é o caso, o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou Normas Subsidiarias.

13.10. O proxecto de referencia estará ó abeiro do disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

13.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

13.12. Como queira que a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia é preceptiva segundo o disposto no artigo 5.7º Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, non poderán iniciarse os traballos ata que sexa formalizado este trámite.

ANEXO I

RESUMO DO PROXECTO

O proxecto denominado Parque eólico A Fonsagrada, promovido pola empresa Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 75 aeroxeradores e a súa infraestructura asociada, nos concellos da Fonsagrada e Ribeira de Piquín (Lugo).

Os aeroxeradores disporanse nas Serras do Muradal e do Hospital, dispostos en seis aliñacións con orientación xeral N-S, no interior do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice XVértice Y

649.3954.780.311

651.2054.780.311

652.3294.775.447

652.5154.772.247

652.5014.770.005

651.7484.770.113

650.4454.774.614

649.3664.778.420

As características básicas do proxecto presentado son as seguintes:

* Número de aeroxeradores: 75.

* Modelo: MADE AE 46/I.

* Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

* Potencia total instalada: 49,5 MW.

* Altura das torres: 45 m.

* Diámetro do rotor: 46 m.

* Producción neta anual prevista: 129.393 MWh/ano.

* Investimento previsto: 32.628.833,4 A (5.428.981.070 ptas.).

A obra civil inclúe o acondicionamento duns 3.720 m de camiños existentes e a creación duns 8.387 m de

viais de acceso e servicio ós aeroxeradores, cunha largura de rodadura de 5 m, firme de saburra compactada e dotados de foxos para a recollida e evacuación de pluviais, labores de cimentación dos aeroxeradores e a escavación duns 22.316 m de gabias de conducción do cableado, cunha largura máxima dun m. A duración estimada da fase de obras é de oito (8) meses.

O proxecto considera tamén a construcción dunha subestación transformadora de tensión 30/132 kV e un edificio de control anexo, de dúas plantas, que contará con zona dedicada a reparacións diversas, almacén e servicios.

A evacuación da enerxía eléctrica producida no parque realizarase a través dunha liña aérea a 132 kV, obxecto de proxecto independente segundo se indica no estudio ambiental.

Medidas preventivas e correctoras

Sobre a atmosfera.

* Rega periódica das superficies afectadas polo paso de maquinaria, para evita-lo levantamento de po.

* Os viais de acceso e servicio acondicionaranse aproveitando os xa existentes.

Sobre a xeomorfoloxía.

* As liñas de aeroxeradores, os viais e as gabias do cableado non afectarán ós afloramentos rochosos.

* Balizamento dos puntos de interese con cinta visible para evitar calquera afección en circunstancias excepcionais.

Sobre a flora, fauna, vexetación e hábitats.

* Balizamento das zonas onde existan especies vexetais de interese ou exemplares valiosos da flora propia da zona.

* A disposición dos aeroxeradores realizarase tratando de evitar ó máximo a afección a áreas de interese faunístico presentes na zona.

* Evitarase que as obras coincidan co período crítico de reproducción das aves, especialmente no caso de aves de presa.

Sobre a paisaxe.

* As dimensións dos viais e plataformas de montaxe axustaranse ó mínimo necesario, co fin de minimiza-lo impacto paisaxístico e reduci-los labores de restauración.

* Aproveitaranse as pistas e estradas existentes como viais de comunicación.

* Evitarase afectar a charcas e pequenos cursos de auga temporais.

* Os materiais procedentes das escavacións das bases dos aeroxeradores empregaranse no selaxe destas, no firme dos viais e nas plataformas de montaxe.

* Calquera sobrante de escavacións, agás a terra vexetal, trasladarase ó vertedoiro controlado de residuos inertes máis próximo. Non se abandonarán sobrantes nas inmediacións do parque eólico.

* O edificio de control adecuarase á tipoloxía constructiva da zona.

* Os cambios de aceite e lavados de maquinaria efectuaranse en zonas específicas afastadas de leitos e cursos de auga, donde non exista risco de contaminación.

* Restauración da cuberta vexetal orixinal, retirando previamente a terra vexetal, que será correctamente amoreada. Descompactación do terreo mediante escarificado.

* Retirada de cadáveres de animais de certo tamaño para evita-la atracción de necrófagos.

ANEXO II

RESUMO DOS INFORMES

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable ó estudio de impacto ambiental, cos seguintes condicionantes que se van incluír na correspondente declaración ambiental:

1. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. Para tal fin, e previo ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

2. Durante as fases de replanteo e execución de obra revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

3. Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección.

4. Como medida compensatoria xeral, destinada a integra-lo patrimonio cultural e a explotación do parque eólico, é necesario proceder á realización dun programa de posta en valor do patrimonio cultural da zona.

5. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite informe no que, tras unha breve descrición do proxecto avaliado, efectúa as seguintes consideracións:

1. Á vista do plan de vixilancia da avifauna estímase axeitado o enfoque de obxectivos, así como

a formulación para acadalos. Nembargantes, cóidase de interese que se incorporen as seguintes propostas:

a) Presentación con regularidade periódica dos resultados obtidos (debe establecerse a priori).

b) Presentación, e de forma explícita, dos datos empregados na consecución dos resultados; zonas de mostraxe (mapificación); factores de corrección; desenvolvemento estatístico... En resumo, todo o contido analítico e conceptual debidamente desenvolto para a obtención dos referidos resultados.

c) O parque eólico pode ocasionar unha mortandade de aves despreciable durante moitos anos, e pode provocar despois repentinamente (durante unha xustaposición casual de certa bandada de aves con certas condicións meteorolóxicas adversas e certa alteración) unha mortandade espectacular de centos de aves nunha soa noite. Por conseguinte, poderíase argumentar que non poden cuantificarse taxas de mortandade específicas, salvo despois de moitas décadas de estudio exhaustivo.

Isto leva a propoñer que, o plan debe formularse para que se solape en duración co tempo de afección do proxecto, ou sexa, durante a súa vida útil.

Estímase, por conseguinte, insuficiente o prazo de dous anos que se propón no estudio ambiental.

d) Determinación de limiares de alerta. Estes limiares débense acoutar cunha metodoloxía rigorosa, explícita, susceptible de comparación e cos criterios máis cuantitativos posibles, ademais dos cualitativos. Ademais, a determinación destes limiares debe servir para a adopción das medidas oportunas, como pode se-la estipulación dun período de parada de aeroxeradores por mortandade temporal de aves.

e) Deberíanse integrar nun único plan de vixilancia de aves as afeccións que se produzan polo parque eólico e pola liña de alta tensión que serve para evacua-la enerxía xerada nel (liña que non vén citada ó longo do estudio).

2. Outro aspecto relevante para a análise e avaliación dos impactos e que non se consideran no estudio, é o relativo ó trazado e afección da liña de evacuación da enerxía xerada. Debemos ter en conta que a consideración en dúas fases minimiza os posibles efectos sinérxicos negativos, nesgándose, por conseguinte a información do estudio.

3. En relación ós dispositivos de drenaxe lonxitudinal e transversal son de ter en conta unha serie de aspectos no caso de facerse precisa a súa implementación:

-Que a auga evacuada en cada bueiro se corresponda coa mesma microbacia na cal se efectuou a captación.

-Sempre é mellor que o número destes sexa elevado, lembrar que os camiños son elementos liñas que cortan transversalmente o paso da auga. Esta limitación implica que na parte baixa da ladeira atravesada pola pista a achega de auga de escorrentía

se reduce de xeito importante. Débense sopesar as implicacións que isto pode xerar no ecosistema, sobre todo naqueles intimamente ligados ó réxime hídrico.

-Na saída das augas dos bueiros débese ter en conta que esta se efectuará de xeito que non se produzan fenómenos erosivos, de asolagamento ou deposición, sempre e cando non existisen antes da actuación referida.

Farase polo tanto un deseño e construcción da rede de drenaxe artificial (gabias e bueiros) tal que considere entre os seus obxectivos os anteriores, implementando ademais os dispositivos de disipación de enerxía e barreiras de sedimentos precisas e en concordancia con aquelas.

4. Se ben se explicita que a rede hidrográfica non se vai ver afectada directamente polas obras non está por máis face-las seguintes consideracións:

Respectaranse os leitos dos cursos naturais susceptibles de seren afectados polas obras, de xeito que quede garantido o réxime de caudais; ademais, nas seccións directamente implicadas (paso dunha pista...), certificarase que o fluxo hídrico manteña as condicións actuais de velocidade, para o cal se establecerán as infraestructuras que sexan precisas. Isto debe vir xustificado tecnicamente ou ben argumentación en contra.

Evitarase a vertedura de substancias contaminantes ós cursos de auga (cementos, entullos, aceites...). En xeral, non poderá verse afectada a calidade das augas nas súas características físico-químicas e bióticas, cumprindo para iso o considerado na lexislación vixente de conformidade co disposto na Directiva 78/659/CEE, relativa á calidade das augas continentais, no Real decreto 927/1988, polo que se aproba o Regulamento da Administración pública da auga e da planificación hidrolóxica, encontrádose tamén recollido no Decreto 130/1997, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. En relación co tema terase en conta:

-Non se acumularán nos leitos naturais nin nas zonas de servidume, terra, entullos, material sobrante da construcción ou calquera outro tipo de substancias contaminantes que poidan incorporarse ós cursos de auga por escorrentías ou enchentas do caudal.

-Evitarase no posible o arrastre de sólidos en suspensión.

-Prohíbese os lavados de materiais e utensilios nos ríos ou regatos.

-Vixiarase con especial atención os posibles procesos erosivos ocasionados polas drenaxes das pistas, tomándose as medidas oportunas para solventar posibles imprevisións durante a planificación ou execución, facendo un seguimento periódico no plan de vixilancia, e durante a vida do parque.

Subliña-la necesidade de non efectuar ningún tipo de actuación nos leitos dos regatos existentes na parcela, nin nas súas zonas de servidume e policía sen a previa autorización do organismo de cuncas. No caso de que esta afección atinxa ós ecosistemas fluviais, requirirase informe preceptivo desta dirección xeral, segundo o disposto no artigo 77.3º do Decreto 130/1997.

5. En caso de ser precisa a corta de arboradura debese ter en conta o seguinte:

-Onde se pretenda efectuar cortas de especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de montes, co cal se terá que face-la correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso.

-No suposto de afectarse a vexetación de ribeira terase que solicita-la correspondente autorización ó Servicio Provincial de MAN tal e como establece o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais:

* Para o aproveitamento e a utilización de calquera tipo de vexetación nas ribeiras dos ríos e das augas será precisa previa autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente, tal e como se preceptúa no artigo 16, da Lei de pesca fluvial e no artigo 56 do seu regulamento.

* Para a modificación da vexetación das beiras e marxes precisarase un informe do servicio provincial correspondente, tal e como se dispón no artigo 16, da Lei de pesca fluvial e no artigo 56 do seu regulamento.

6. Non se poderá depositar, nin acumular na área do parque, nin en terreos anexos, ningún tipo de refugallos sólidos. No caso de empregarse canteiras abandonadas ou outros lugares de amoreamento debe indicarse cales, ademais de cómo se pensan depositar e qué actuacións se implementarán para acondicionar estas zonas unha vez rematado o depósito de xeito que se consiga unha boa integración no medio.

En calquera caso, tanto os residuos producidos na fase de construcción como os que proveñan dos labores de mantemento ou outras deberanse recoller e xestionar conforme a súa natureza e de acordo co establecido na lexislación vixente.

A Dirección Xeral de Obras Públicas emite informe no que conclúe que nos planos remitidos aparece algún deles a denominación C-633, así mesmo nos planos non está reflectido o trazado actual da estrada C-630 no treito Baleira-A Fonsagrada, que foi acondicionado. Deberá corrixirse o plano para que poida verse a afección as estradas autonómicas.

Posteriormente a Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emite a autorización para a canalización dunha LMT no parque eólico da Fonsagrada.

A Dirección Xeral de Turismo no seu último informe conclúe:

Os aeroxeradores número 52, 53, 54, 55, 56 e 57: a empresa propón a súa eliminación, a medida é, evidentemente, positiva.

Os aeroxeradores número 46, 47, 48, 49, 50 e 51: a empresa propón a colocación de barreiras vexetais e o desprazamento do aeroxerador nº 51, as medidas propostas considéranse adecuadas e suficientes.

Os aeroxeradores número 58, 59 e 60: as medidas en canto ó desprazamento e apantallamento considéranse correctas, aínda que enténdese que sería positivo forzar ó máximo o desprazamento do aeroxerador nº 60.

Os aeroxeradores número 61 e 62; dada a instalación no sentido que favorece a protección do túmulo catalogado como YA000804C03, admítese a súa instalación dentro do perímetro de protección de forma que se reduza ó máximo o seu impacto visual desde o Camiño de Santiago.

Enténdese polo tanto que as medidas propostas (coas puntualizacións que se mencionan neste informe) son positivas e minimizan, en gran medida, o impacto que a actuación ten sobre o trazado do camiño primitivo.

A Dirección Xeral de Industria emite informe favorable, que inclúe un resumo das características básicas do proxecto, da tramitación realizada, dos informes emitidos polos organismos consultados, dos resultados de información pública e unha proposta de condicionado ambiental, que inclúe os seguintes puntos:

-Ámbito territorial de actuación.-Impacto causado pola ocupación do terreo.-Residuos.-Flora e fauna.-Impacto visual.-Urbanismo.-Programa de vixilancia ambiental.

ANEXO III

RESUMO DAS ALEGACIÓNS

Antonio García Fernández presenta alegacións á declaración de utilidade pública, Tamén indica nas alegacións que na zona de implantación do parque eólico existe abundante patrimonio cultural que deberá ser preservado.

Antidio Fernández Fernández presenta alegacións á declaración de utilidade pública do proxecto e á necesidade do tramite de urxencia. Tamén presenta alegacións á delimitación da área que se vai expropiar e á cualificación do terreo.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL