Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 5 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 15/02mv, iniciado o 5 de xuño de 2002 por infración á lexislación sobre epizootias e que foi devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último domicilio coñecido, que se sinala a continuación, a resolución do expediente sancionador nº 15/02mv acordada polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con esta resolución, para o pagamento da sanción deberá emprega-los impresos normalizados que se lle facilitarán nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla 70, baixo 1º.

Lugo, 5 de agosto de 2002.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 15/02mv.

Denunciada: Azucena Iglesias Romero.

DNI: descoñecido.

Ültimo enderezo coñecido: avda. Galicia, s/n, La Junquera, Vegadeo, Asturias.

Feitos imputados: transportar no camión matrícula V-9156-CC (conducido por Francisco Jiménez Escudero), en data do 17 de novembro de 2001, catro animais da especie equina, carecendo de:

-Autorización para o transporte de animais vivos.

-Xustificante de limpeza e desinfección do vehículo.

-Libro de rexistro de movementos e compravenda de gando.

-Carné de operador comercial de gando e referencias dos animais.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigos 52, 195 e 196 do Regulamento de epizootias do 4 de febreiro de 1955, artigos 7 e 12 do Decreto 355/1994 (Diario Oficial

de Galicia do 15 de decembro) e artigo 10 da Orde do 23 de agosto de 1995 (DOG do 4 de setembro).

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción posible: 601,01 euros.