Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.448

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (237/2001).

Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe que nos presentes autos de xuízo verbal número 237/2001, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de José Antonio e Ramón Vicente Pérez Olveira, contra Construcciones Técnicas Garrido, S.L., ACS Proyectos, Obras y Construcciones, S.A., Fogasa en reclamación de cantidade, dictouse, con data do 30 de xullo de 2002, auto de aclaración de sentencia, cunha parte dispositiva que é a seguinte:

«Acórdase a rectificación do erro material da sentencia do 21 de xuño de 2002, no sentido de que onde di: que estimando parcialmente a demanda formulada por José Antonio Pérez Olveira e Ramón Vicente Pérez Olveira contra a empresa Construcciones Técnicas Garrido, S.L., ACS Proyectos, Obras y Construcciones, S.A. e Fogasa, deben responder solidariamente as empresas demandadas da cantidade de novecentos cincuenta e un euros con sesenta e nove céntimos (951,69 euros), (158.348 pesetas) polos conceptos que se especifican no feito probado quinto desta resolución, condenando solidariamente as empresas demandadas a que aboen a cada un dos traballadores esa cantidade, respondendo subsidiariamente Fogasa, debe dicir: que estimando parcialmente a demanda formulada por José Antonio Pérez Olveira e Ramón Vicente Pérez Olveira contra a empresa Construcciones Técnicas Garrido, S.L., ACS Proyectos, Obras y Construcciones, S.A., deben responder solidariamente as empresas demandadas da cantidade de

novecentos cincuenta e un euros con sesenta e nove céntimos (951,69 euros), (158.348 pesetas) polos conceptos que se especifican no feito probado quinto desta resolución, condenando solidariamente as empresas demandadas a que aboen a cada un dos traballadores esa cantidade, absolvendo o demandado Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera

corresponderlle en caso de insolvencia, mantendo no demais a literalidade da mencionada resolución, en congruencia cos fundamentos xurídicos e feitos probados na sentencia.

E para que sirva de notificación de auto de aclaración de sentencia a Construcciones Técnicas Garrido, S.L., con domicilio en avda. de Lugo, 40, baixo, hoxe en paradoiro descoñecido, e facéndolles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de cinco días».

E así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de auto de aclaración de sentencia, en Santiago de Compostela o 30 de xullo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado