Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.447

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (193/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 193/2002 seguidos por instancia de Evaristo Lema Vázquez contra Exclusivas Rodríguez Carro sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parése, dictou sentencia, con data do 26-7-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que, aceptando a demanda interposta por Evaristo Lema Vázquez, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 876,96 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, neste sentido, debo condenar e condeno á empresa Exclusivas Rodríguez Carro a que, estando e pasando por tal declaración, faga o pagamento ó demandante da cantidade de 876,96 euros polo concepto de salarios e liquidación.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a dita resolución non cabe o recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para lle sirva de notificación a Exclusivas Rodríguez Carro, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Gambrinus, 47, nave 23-A, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 26 de xullo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado