Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.447

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (156/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 156/2002 seguidos pola instancia de Divina Pastora Delgado Riveiro contra Confecciones Fada, S.L. e Fogasa sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parése, dictou sentencia, con data do 26-7-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que, aceptando a demanda interposta por Divina Pastora Delgado Riveiro, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 3.718,22 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e neste sentido debo condenar e condeno á empresa Confecciones Fada, S.L. a que estando e pasando por tal declaración faga o pagamento ó demandante da cantidade de 3.718,22 euros polos conceptos de salarios e liquidación máis os xuros por mora do 10% anual desde a data do seu devengo.

E debo absolver e absolvo ó Fogasa sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria a que houbese lugar nos supostos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, contra a dita resolución cabe o recurso de suplicación que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando ó letrado que deberá de interpoñelo, de ser posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo acreditar ó anunciar o reucrso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, conta número 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para lle sirva de notificación a Confecciones Fada, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en rúa da Fábrica, 3, baixo, Ordes, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 26 de xullo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado