Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.446

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (38/2002).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas núme

ro 38/2002, sobre ameazas, nos que recaeu sentencia cun encabezamento e dictame que son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, 26 de abril de 2002.

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronunciou a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 38/2002, seguidos neste xulgado sobre ameazas, nos que son partes, a denunciante Pilar Díaz del Río e o denunciado Antonio Coya Zapata.

Dictamino que debo absolver e absolvo libremente a Antonio Coya Zapata da falta de ameazas pola que foi denunciado, alzando a medida cautelar acordada en auto con data do 26 de xaneiro de 2002 e declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma na que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación a Antonio Coya Zapata, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela a 29 de xullo de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado