Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.446

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2002 pola que se lle dá cumprimento ó acordo da Comisión de Goberno deste consello, do 24 de xullo de 2002, polo que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de cinco postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de cinco postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº106 do 4 de xuño de 2002, segundo o establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da Comisión de Goberno con data do 23 de maio deste ano,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican, ós/ás funcionarios/as que se expresan no anexo desta resolución, seleccionados/as conforme o establecido nas bases da convocatoria e declarar deserta unha praza de técnico de auditoría ó abeiro do disposto na cláusula sétima das normas que regulan a convocatoria.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos/as funcionarios/as producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión das prazas adxudicadas comezará a contarse a partir do día seguinte

ó do cesamento, e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, estivesen desfrutando os/as interesados/as.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o Pleno do Consello de Contas no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que os/as interesados/as podan exercitar, se é o caso, calquera outro que consideren procedente.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2002.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior

ANEXO

NRP/DNI: 1313202102 A0620.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Navazo Ruíz, Jesús.

Posto de traballo: técnico de auditoría.

Nivel: 25.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP/DNI: 3329477313 A205F.

Grupo: B.

Apelidos e nome: García Gómez, Carlos Roque.

Posto de traballo: técnico de auditoría.

Nivel: 25.

Localidade: Santiago de Compostela.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA