Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.445

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2002 pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que deberá xulga-las probas extraordinarias de acceso ós ciclos formativos de formación profesional específica de grao medio para o curso 2002-2003.

Segundo á Resolución do 19 de xullo de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 29 de xullo), pola que se convocan con carácter extraordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional específica para o curso 2002-2003.

Segundo o artigo 6º.2 da Orde do 1 de abril de 2002 pola que se regulan as probas de acceso ós ciclos formativos de formación profesional específica, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a composición do tribunal que deberá xulga-las probas extraordinarias de acceso ós ciclos formativos de formación profesional específica de grao medio para o curso 2002-2003, que figura no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.

Directora xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional

ANEXO

Presidente:

Alfonso González González, inspector de Educación.

Vocais:

Javier Boado Rial, profesor de ensino secundario.

Antonio Vázquez Vázquez, profesor de ensino secundario.

Serafin Vázquez Álvarez, profesor de ensino secundario.

José Mª Carballeira Anllo, profesor de ensino secundario.

Suplentes:

Presidente:

Carlos Varela Vázquez, inspector de Educación.

Vocais:

Jesús Manuel Rodríguez Buján, profesor de ensino secundario.

José Mouriz Cabalo, profesor de ensino secundario.

Ricardo Luis Pita Fernández, profesor de ensino secundario.