Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.445

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquivos, bibliotecas e museos, pola que se fan públicas as datas, as horas e os lugares de realización dos segundos exercicios da fase de oposición.

En sesión do 5 de setembro de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002, para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquivos, bibliotecas e museos, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou que os segundos exercicios da fase oposición para as tres seccións se realizarán nas datas, lugares e horas seguintes:

1. Sección de bibliotecas: día 21 de setembro de 2002, na Aula Nova da Facultade de Dereito, sita no Campus Sur Universitario, en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10 horas, debendo estar alí presentes os opositores ás 9.30 horas.

2. Sección de arquivos: día 25 de setembro de 2002, nas aulas 24 e 25 da Facultade de Económicas, avenida Xoán XXIII, s/n, en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10 horas, debendo estar alí presentes os opositores ás 9.30 horas.

3. Sección de museos: día 23 de setembro de 2002, nas aulas 24 e 25 da Facultade de Económicas, avenida Xoán XXIII, s/n, en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10 horas, debendo estar alí presentes os opositores ás 9.30 horas.

Os aspirantes de tódalas seccións deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo azul ou negro.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2002.

Antonio Rodríguez Álvarez

Presidente do tribunal