Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.445

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión celebrada o 4 de setembro de 2002, o tribunal designado pola Orde do 23 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001, acordou que o segundo exercicio da fase de oposición se realizará o día 26 de setembro de 2002, nas aulas 24 e 25 da facultade de Económicas, avenida Xoán XXIII, s/n, en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10 horas, debendo estar alí presentes os opositores ás 9.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo azul ou negro.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2002.

Antonio Rodríguez Álvarez

Presidente do tribunal