Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTOMARÍN

ANUNCIO de contratación.

Aprobados pola Comisión de Goberno deste Concello, en sesión que tivo lugar o día 27 de agosto de 2002, os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras de proxecto de acondicionamento e mellora de acceso ós núcleos de San Roque e San Miguel expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles contados desde a inserción deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, e para os efectos previstos no artigo 122.1º do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril.

Declarada a urxencia do procedemento de contratación de conformidade co establecido no artigo 71 do R.D.L. 2/2000 e 322 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, e con base no disposto no artigo 122.2º do R.D.L. citado, anúnciase ó mesmo tempo que os pregos de cláusulas administrativas particulares, a licitación das obras, que quedará aprazada se houbese reclamacións, ata a súa resolución.

1. Obxecto do contrato: execución da obra proxecto de acondicionamento e mellora de acceso ós núcleos de San Roque e San Miguel.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: 62.798 euros, de acordo coa seguinte desagregación:

Orzamento de execución material: 45.492,61 euros.

Gastos xerais: 5.914,04 euros.

Beneficio industrial: 2.729,56 euros.

IVE: 8.661,79 euros.

4. Garantías:

a) Provisional: 1.255,96 euros.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención da documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito na praza Condes de Fenosa, 1, en horario das 9 ás 14 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: trece días naturais seguintes á publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (Diario Oficial de Galicia e BOP). No caso de que o día décimo terceiro coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade: serán pola conta do adxudicatario.

8. Clasificación do contratista: non se esixen.

9. Máis información:

Teléfono: 982 54 50 70.

Fax: 982 54 51 04.

Portomarín, 27 de agosto de 2002.

Eloy Rodríguez López

Alcalde-presidente