Aprobados pola Comisión de Goberno deste Concello, en sesión que tivo lugar o día 27 de agosto de 2002, os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso as obras de proxecto de recollida de augas pluviais e modificación firme das rúas de Lugo e Fraga Iribarne expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles contados desde a inserción deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, e para os efectos previstos no artigo 122.1º do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril.
Declarada a urxencia do procedemento de contratación de conformidade co establecido no artigo 71 do R.D.L. 2/2000 e 322 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, e con base no disposto no artigo 122.2º do R.D.L. citado, anúnciase ó mesmo tempo que os pregos de cláusulas administrativas particulares, a licitación das obras, que quedará aprazada se houbese reclamacións, ata a súa resolución.
1. Obxecto do contrato: execución da obra proxecto de recollida de augas pluviais e modificación firme das rúas de Lugo e Fraga Iribarne.
2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
3. Orzamento base de licitación: 90.151,82 euros de acordo coa seguinte desagregación:
Orzamento de execución material: 65.308,48 euros.
Gastos xerais: 8.490,10 euros.
Beneficio industrial: 3.918,51 euros.
IVE: 12.434,73 euros.
4. Garantías:
a) Provisional: 1.803,04 euros.
b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.
5. Obtención da documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito na praza Condes de Fenosa, 1, en horario das 9 ás 14 horas.
6. Prazo de presentación das proposicións: trece días naturais seguintes á publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (Diario Oficial de Galicia e BOP). No caso de que o día décimo terceiro coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.
7. Gastos de publicidade: serán pola conta do adxudicatario.
8. Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 6, categoría C.
9. Máis información:
Teléfono: 982 54 50 70.
Fax: 982 54 51 04.
Portomarín, 27 de agosto de 2002.
Eloy Rodríguez López
Alcalde-presidente