Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares da obra de abastecemento de auga e saneamento na Barrosa (Adina), ponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria de concurso para a contratación da devandita obra.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Sanxenxo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Obras Municipais.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición: abastecemento de auga e saneamento na Barrosa (Adina).
b) Lugar de execución: A Barrosa-Adina.
c) Prazo de execución: 25 días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 123.249,10 euros.
5. Garantías:
Provisional: 2.464,98 euros.
Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información:
Sección de Obras Municipais do Concello de Sanxenxo, rúa Consistorio, 4-6, 36960 Sanxenxo (Pontevedra). Telef.: 72 00 75. Fax: 72 10 22.
Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.
b) Outros: acreditar solvencia económica e técnica.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite: a que resulte de contar 13 días naturais desde o seguinte á última publicación deste anuncio, sexa no BOP ou no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a descrita no respectivo prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade e domicilio: ver punto 6.
b) Data: no quinto día hábil contado desde o seguinte ó de remate da presentación de ofertas.
c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións:
Criterios de adxudicación: cláusula 13 do prego respectivo.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Sanxenxo, 20 de agosto de 2002.
Telmo Martín González
Alcalde