Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAIONA

ANUNCIO.

Por Resolución da Alcaldía do 22-7-2002, aprobouse inicialmente o estudio de detalle presentado por Promociones y Obras Inmobiliarias, S.A. dunha parcela situada na rúa Tomás Mirambell, incluída no Plan parcial Virgen de la Roca deste concello, o que se fai público durante o prazo dun mes, contado a partir do seguinte día ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Baiona, 1 de agosto de 2002.

Benigno Rodríguez Quintas

Alcalde