Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 20 de agosto de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para contratación dos servicios necesarios para a execución do proceso derivado da Lei 16/2001, do 21 de novembro, pola que se establece un proceso extraordinario de consolidación e provisión de prazas de persoal estatutario nas institucións sanitarias da Seguridade Social dos servicios de saúde do Sistema Nacional de Saúde (S-275/2002).

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 167, do 30 de agosto de 2002, cómpre face-la oportuna corrección:

No texto do anuncio, onde di: «7. Requisitos específicos do contratista:

b) Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría B; ou de acordo co novo regulamento: grupo L, subgrupo 1, categoría B», debe dicir: «7. Requisitos específicos del contratista:

b) Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría B; ou de acordo co novo regulamento: grupo V, subgrupo 1, categoría B».

A presente corrección afecta o prazo de presentación de proposicións previsto na resolución que

se corrixe, contándose por tanto o tempo de presentación de proposicións desde o día seguinte a esta publicación.