Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2002 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto e trámite de urxencia para a contratación da subministración de material informático para o organismo autónomo Augas de Galicia.

1. Entidade adxudicataria.

1.1. Organismo: Organismo Autónomo Augas de Galicia.

1.2. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

1.3. Número do expediente: EC0001/02

2. Obxecto do contrato.

2.1. Tipo de contrato: subministración.

2.2. Descrición do obxecto: subministración de 39 ordenadores persoais e 9 impresoras láser para Augas de Galicia.

2.3. Lote: único.

2.4. Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio da licitación: DOG 128, do 26 de xuño de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: cincuenta mil setecentos euros (50.700 A).

5. Adxudicación.

5.1. Data: 8 de agosto de 2002.

5.2. Contratista: Softgal, S.A.

5.3. Nacionalidade: española.

5.4. Importe da adxudicación: cincuenta mil setecentos euros (50.700 A).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1992, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida en alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, de acordo co artigo 8 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia (na redacción dada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, de medidas tributarias, réxime orzamentario, función pública, organización e xestión) e os artigos 114 e 115 da Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2002.

Francisco José Pan-Montojo González

Presidente do Organismo Autónomo

Augas de Galicia