Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se anuncia concurso público aberto, por trámite urxente, para a contratación dunha subministración para o equipamento do pavillón de internado do centro de educación especial Santiago Apóstolo (As Xubias).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo e descrición: subministración para o equipamento do pavillón de internado do centro de educación especial Santiago Apóstol.

b) Prazo de entrega: 30 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base licitación: 243.383,05 euros (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 4.867,66 euros.

6. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 50; Fax: 981 54 69 69.

e) Internet: www.xunta.es/contratación.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais (edificio administrativo San Lázaro, s/n Santiago de Compostela).

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas da Secretaría Xeral.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte á finalización da presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Gastos de anuncios: o pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais