Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

CONCURSO para adquisición dun tractor con rozadora.

Convócase concurso, en procedemento aberto e trámite urxente, para a adquisición dun tractor con rozadora, segundo as bases publicadas no BOP de Ourense do día 27 de abril de 2002 e modificacións no día da data. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral do Concello de Barbadás. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, na Casa do Concello. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro do Concello de Barbadás (Ourense), ou por teléfono: 988 36 00 00.

Barbadás, 28 de agosto de 2002.

O alcalde

Rubricado