Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2002, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada AC-401, treito: Cerceda-A Silva, clave: AC/98/118-1, termo municipal de Cerceda.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu epígrafe 2º a competencia da Comunidade Autonóma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 19 de abril de 2001, procédese á aprobación do proxecto de trazado das obras: acondicionamento da estrada AC-401, treito: Cerceda-A Silva. Clave: AC/98/118-1. Termo municipal de Cerceda polo director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 22 de marzo de 2002, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 126/2002, publicado no DOG nº 73, de data do 16 de abril de 2002.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se se considera necesario.

Casa do Concello de Cerceda.

Día: 1 de outubro de 2002.

Horario: de 10 horas a 13 horas.

De: José Luis.

A: Del Río Bello, Carmen.

Día: 2 de outubro de 2002.

Horario: de 10 horas a 13 horas.

De: Del Río Bello, Jesús.

A: Lamas Cabeza, José.

Día: 3 de outubro de 2002.

Horario: de 10 horas a 13 horas.

De: Lamas Cabeza, Josefa.

A: Parceiro Loureiro, Dolores.

Día: 4 de outubro de 2002.

Horario: de 10 horas a 13 horas.

De: Pazos Suárez, Jesús.

A: Viqueira Grela, Isidoro.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello de Cerceda e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia (praza de Luis Seoane, s/n, 8ª planta) 15071 A Coruña.

Ó dito acto deberán acudir-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e un notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia da Coruña, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 23 de agosto de 2002.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe