Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2002, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto da autovía Ferrol-Vilalba, treito: Igrexafeita-Espiñaredo, clave: AC/00/75.1, termos municipais de San Sadurniño, As Somozas e As Pontes de García Rodríguez.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento da presente resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 12 de marzo de 2002, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda procedeu á aprobación do proxecto de trazado das obras: autovía Ferrol-Vilalba. Treito: Igrexafeita-Espiñaredo, Clave: AC/00/75.1.

Con data do 4 de abril de 2002 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 151/2002, publicado no DOG número 84, do 2 de maio de 2002.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e a hora que se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

-Termo municipal de San Sadurniño:

Local: Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño.

Día 1 de outubro de 2002, das 9.30 ás 14 horas: de predio nº 1 a predio nº 58.

Día 2 de outubro de 2002, das 9.30 ás 14 horas: de predio nº 59 a predio nº 116.

Día 3 de outubro de 2002, das 9.30 ás 14 horas: de predio nº 117 a predio nº 176.

-Termo municipal das Somozas:

Local: Casa do Concello das Somozas.

Día 4 de outubro de 2002, das 9.30 ás 14 horas: de predio nº 177 a predio nº 235.

Día 7 de outubro de 2002, das 9.30 ás 14 horas: de predio nº 236 a predio nº 258 e de predio nº 293 a predio nº 325.

-Termo municipal das Pontes de García Rodríguez:

Local: Casa do Concello das Pontes de García Rodríguez.

Día 8 de outubro de 2002, das 9.30 ás 14 horas: de predio nº 259 a predio nº 292 e de predio nº 326 a predio nº 335.

Día 9 de outubro de 2002, das 9.30 ás 14 horas: de predio nº 336 a predio nº 355.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos respectivos concellos e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta, 15071 A Coruña).

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo ser acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia (praza Luís Seoane, s/n, 8ª planta, 15071 A Coruña), as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 29 de agosto de 2002.

José Luis Rodríguez Alonso

Xefe do Servicio Provincial de Estradas da Coruña