Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato administrativo.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:

Asistencia técnica para a realización do estudio deseño e implantación dun plan de coordinación do transporte urbano e interurbano nas sete principais aglomeracións urbanas de Galicia.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Direción Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de asistencia.

b) Descrición do obxecto: asistencia técnica para o estudio deseño e implantación dun plan de coordinación do transporte urbano e interurbano nas sete principais aglomeracións urbanas de Galicia.

c) DOG e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 114, do 14 de xuño de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 841.417 euros.

5. Adxudicación:

a) Data: 14 de agosto de 2002.

b) Contratista: UTE formada por Spim, S.L.; Singla Ing., S.L.; e ETT, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 807.760,32 euros.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 25-10-1983)

Mª José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes