Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 20 de agosto de 2002, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relaciona acordo de apertura de expediente sancionador pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Castro Pérez, Jesús).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de imposición de sanción pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Eco

nomía e Facenda de Lugo en aplicación dos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla nº 70-1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 20 de agosto de 2002.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Castro Pérez, Jesús

(33806255-G)

R/ Xoán Montes 10-4º Lugo

Imposto sobre o patrimonio; períodos 1996, 1998 e 1999; expte. sancionador nº 27/2002/102

Castro Pérez, Jesús

(33806255-G)

R/ Xoán Montes 10-4º Lugo

Imposto sobre o patrimonio; períodos 1997; expte. sancionador nº 27/2002/105

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA