Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.402

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (115/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 115/2002 seguidos pola instancia de Ramón J. Iglesias González contra Fepsa Galicia, S.L. e outros sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data 6 de xuño de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que aceptando a demanda interposta por Ramón Javier Iglesias González, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 6.502,95 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e neste sentido debo condenar e condeno a empresa Fepsa Galicia, S.L. a que estando e pasando por tal declaración faga o pagamento ó demandante da cantidade de 6.502,95 euros polo concepto de salarios e liquidación.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da responsabilidade que legalmente proceda, de conformidade co artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

E debo absolver e absolvo o comisario da quebra Juan Antonio Vallejo Herranz.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designado o letrado que deberá de interpoñelo, sendo posible o anuncio pola simple manifestación daquela ó ser notificada, o que, se é o caso, será resolto, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, identificador 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta, identificador 5602, en calidade de depósito e nun impreso separado ó importe

da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para lle sirva de notificación a Fepsa Galicia, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. Fdez. Latorre, 28-1º I, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 6 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado