Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.402

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 4 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se comunica a publicación das puntuacións provisionais do baremo aberto por anuncio do 12 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 26 de xuño) para prazas de interinidades e substitucións en especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas nas especialidades de piano, contrabaixo e gaita galega.

Rematado o prazo de presentación de instancias que figura no anuncio do 12 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 26 de xuño) e asignada a puntuación correspondente ós aspirantes pola comisión, procede darlles publicidade.

Por iso, para que as devanditas puntuacións provisionais poidan ser coñecidas por todas aquelas persoas interesadas procédese á súa publicación a partir do próximo luns día 9 de setembro de 2002 no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais.

Contra estas puntuacións poderá presentarse reclamación no prazo de sete días hábiles contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal